Páginas del blog Ría de Ribadeo

jueves, 30 de abril de 2026

Outra mala nova para a Ría de Ribadeo. O Principado da luz verde ó dique das Figueiras.

Foto: Tercera Información


Pois sí, fai uns poucos días o Boletín Oficial do Principado publicaba a resolución positiva do estudio de impacto ambiental para a construcción do novo dique de protección no peirao das Figueiras. Isto non supón automáticamente a aprobación definitiva do proxecto. Pero sí era a principal ameaza que podía frealo. Así que superado este trámite, todo parece indicar que pronto veremos outra infraestructura que impactará negativamente na nosa ría. Outra máis, como digo, que se suma ás que se foron executando durante décadas neste estuario, que se supón debería estar protexido polas administracións. A saber: os diques do porto deportivo de Ribadeo, o dique da Lonxa de Ribadeo, as ampliacións e recheos do porto comercial de Mirasol, as plataformas de cultivo de ostras por toda a beira asturiana da ría, os recheos e modificacións realizados na Veiga... En fin, infraestructuras de enorme impacto ambiental que sen dúbida están detrás dos negativos cambios que o humidal e a súa biodiversidade veñen sufrindo. Por desgracia, os intereses económicos impóñense unha vez mais ós intereses ambientais. E todas estas actuacións ó longo das décadas, dan boa fe delo.

Aquí deixo un par de links coa nova:

La Voz de Galicia

Tercera información (con mais datos, e o punto de vista da Coordinadora Ecoloxista de Asturias)


Saudos e ata a próxima


Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons

Enrique Sampedro Miranda

Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com