Páginas del blog Ría de Ribadeo

viernes, 28 de diciembre de 2018

Eider, ollodourado (porrón osculado), e algunha cousa máis.


Para finalizar o ano, deixo nota das miñas últimas observacións pola Ría de Ribadeo, que veñen a completar o censo de aves invernantes que fixen a principios de mes (ver). En primeiro lugar, dar conta da presenza dun ollodourado (porrón osculado / Bucephala clangula), que observei na enseada la Lieira o día 26. Ademais, vin tamén ese día unha femia de eider (Somateria mollisima), que estaba pousada no tesón. E por alí preto andaba tamén un pentumeiro (negrón común / Melanitta nigra).

A femia de eider sobre o tesón (dereita) e o pentumeiro no mar (esquerda)


Engado tamén unha especie que non me saíra no censo, como é o carrán cristado (charrán patinegro / Sterna sandvicensis), dos que vin 3 exemplares. E por último, actualizo o número de pilros comúns (correlimos comunes / Calidris alpila), que puiden contar mellor estes días, saíndome unha cifra de 232.

Con isto, como dícía, finalizo as miñas observacións do ano 2018 na ría.

Corvo mariño, gaivotón e gaivota patiamarela.

Cullereiros

Rabirrubio



Saúdos e ata a próxima.



Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com



martes, 25 de diciembre de 2018

Costeando (aves en Rinlo)




A cousa está tranquila pola costa. O potente anticiclón que afecta á Península nestas últimas semanas do ano, fai que na costa cantábrica, e en particular na Mariña de Lugo, o predominante sexan as temperaturas templadas, os ceos despexados con lixeiras nubes altas, e os ventos en calma. E estas non son as mellores condicións para poder observar aves mariñas. A pesar disto, onte achegeime ata Rinlo para dar un paseo pola beira do mar, e botar un vistazo a ver o que se movía fronte á costa. E básicamente o que vin foron mazcatos (alcatraz – Morus bassanus), moi abondantes coma sempre, e gaivotas.

Gaivota patiamarela (de primeiro inverno)

Nos cantís vin un pequeno bando de píllaras douradas (chorlito dorado – Pluvialis apricaria), así como lampareiros (ostrero – Haematopus ostralegus) e corvos mariños cristados (cormorán moñudo – Phalacrocorax aristotelis) no Penedo do Corvo.


Lampareiros e corvos mariños cristados

Píllaras douradas



Outra das cousas que se pode ver cando un lle adica tempo a otear o mar, é algún cetáceo. Neste caso onte puiden ver un par de arroaces (delfín mular - Tursiops truncatus).






A charca de Rinlo está moi escasa de auga, e non había nin sequera patos nin gaivotas. Apenas unha garza real (Ardea cinerea), e nos prados colindantes un lagarteiro (cernícalo – Falco tinnunculus) e a sempre gozosa de ver curuxa das xunqueiras (búho campestre – Asio flammeus).


Curuxa das xunqueiras





Saúdos e ata a próxima.



Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

sábado, 8 de diciembre de 2018

Ría de Ribadeo: censo de aves invernantes (Inv. 2018-19)

Pilros comúns
Coma case tódolos anos, nunha das ocasións que veño a Ribadeo polo inverno, procuro facer o meu propio censo das aves invernantes que hai na ría. Normalmente fágoo na semana do nadal ou a primeiros de ano. Pero esta vez adiantei un pouco as datas, e fíxeno a primeiros de decembro, aproveitando a ponte da Inmaculada. 

Mazaricos reais

Biluricos pativerdes

Pilros comúns



E sen máis, aquí van os resultados:

Castellano / Nombre científico / Galego
Cisne cantor / Cygnus cygnus / Cisne bravo: 1
Ánade silbón / Anas penelope / Asubiador - pato asubión: 550
Ánade friso / Anas strepera / Pato frisado: 13
Cerceta / Anas crecca / Cerceta: 170
Ánade real / Anas platyrhynchos / Lavanco: 685
Ánade rabudo / Anas acuta / Pato rabilongo: 260
Porrón moñudo / Aythya fuligula / Pato cristado: 1
Porrón bastardo / Aythya marila / Pato bastardo - pato caribranco : 1
Serreta mediana / Mergus serrator / Mergo cristado: 3
Colimbo grande / Gavia immer / Mobella grande: 1
Zampullín común / Tachybaptus ruficollis / Mergullón pequeno: 1
Zampullín cuellinegro / Podiceps nigricollis / Mergullón de pescozo negro - mergullón orelleiro: 20
Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño: sen contar
Cormorán moñudo / Phalacrocorax aristotelis / Corvo mariño cristado: 1
Garcilla bueyera / Bubulcus ibis / Garza boieira - garza mediana: 32
Garceta / Egretta garzetta / Garzota: 10
Garza real / Ardea cinerea / Garza real: 13
Espátula / Platalea leucorodia / Cullereiro: 28
Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora: 3
Ostrero / Haematopus ostralegus / Lampareiro (galego local) – gabita: 6
Chorlito Gris / Pluvialis squatarola / Píllara cincenta: 1
Correlimos tridáctilo / Calidris alba / Pilro tridáctilo - pilro bulebule: 1
Correlimos común / Calidris alpina / Pilro común - pilro curlibico: 46 (Actualización 26/12/2018: 232 exemplares. Ver actualización)
Zarapito trinador / Numenius phaeopus / Mazarico chiador: 14
Zarapito real / Numenius arquata / Mazarico real: 50
Archibebe común / Tringa totanus / Bilurico patirrubio - bilurico común: 10
Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerde - bilurico claro: 61
Andarríos chico / Actitis hypoleucos / Bilurico das rochas - bilurico bailón: 3
Aguja colinegra / Limosa limosa / Mazarico rabinegro: 36
Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus / Gaivota chorona: sen contar
Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota escura: sen contar
Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela: sen contar
Gavión atlántico / Larus marinus / Gaivotón: sen contar
Martín pescador / Alcedo atthis / Picapeixe - martiño peixeiro: 1



Pilros

Bilurico bailón


Saúdos e ata a próxima.

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com


martes, 4 de diciembre de 2018

Un paseo por el castañar de Madrid (Embalse de los Morales)

Estamos en la época del año en la que los bosques de hoja caduca muestran más encanto. Así que visitar un castañar es un buen plan para estas fechas. En mi tierra, Galicia, esto resulta muy sencillo, ya que allí abundan los castaños. Pero resulta más complicado visitar un bosque de estos árboles viviendo en Madrid. Sin embargo, en zonas relativamente cercanas, existen algunos muy conocidos y de gran tamaño, como el famoso castañar de El Tiemblo, en la provincia de Ávila. Pero ni siquiera hace falta salir de la Comunidad de Madrid para encontrar castaños. Aunque desconocido para muchos, en la Sierra Oeste existen varios puntos en los que podemos ver estos árboles. Pero quizás el lugar en donde son más abundantes, y que podría calificarse como el castañar de Madrid, se encuentra en el entorno del embalse de los Morales, al suroeste de la provincia, en el término municipal de Las Rozas de Puerto Real.




 
Aquí fui el pasado domingo con mi mujer, mi hija Sara y mi sobrina María, para hacer una pequeña ruta por el camino que rodea el embalse. Si ya de por sí el lugar es bonito, más aún es poder disfrutar de un paseo en familia, y que las pequeñas comiencen a descubrir por sí mismas los encantos de la naturaleza. De mi sobrina María ya había hecho alguna entrada en el blog en el pasado. Pero es la primera entrada en la que aparece mi hija Sara. Y espero que sea la primera de muchas, ya que con sus tres añitos, tiene ya la suficiente edad (y tamaño) como para empezar a salir al campo. Intentaré en lo que pueda inculcarle el amor y el respeto por la naturaleza, tal y como mi padre hizo conmigo.




 
Las nieblas que está habiendo estos días por el centro peninsular estuvieron presentes el domingo en nuestro paseo, lo que hizo que el día fuese bastante frío al no terminar de asomar el sol. No obstante, disfrutamos mucho del entorno, y en especial las niñas, jugando y correteando por “el bosque”, metiéndose con las botas de agua en el embalse y en todos los charcos que nos encontrábamos, cogiendo castañas, recogiendo bayas, viendo las vacas… Es decir, un paseo en plena naturaleza, viviendo las sensaciones del entorno que nos rodea, que era lo que pretendíamos.







 
Un entorno precioso, y muy recomendable para visitar en compañía de niños.

Saludos y hasta la próxima.


Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com