Páginas del blog Ría de Ribadeo

Mostrando entradas con la etiqueta Censos Ría de Ribadeo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Censos Ría de Ribadeo. Mostrar todas las entradas

sábado, 7 de febrero de 2026

Censo de aves acuáticas invernantes Ría de Ribadeo (inv. 2025-2026)


Aquí traio os datos do meu censo de aves invernantes na Ría de Ribadeo, que fixen entre os días 1 e 4 de febreiro.

N. científico / N. español / N. galego

Gavia immer / Colimbo grande / Mobella grande - 5

Podiceps auritus / Zampullín cuellirrojo / Mergullón real - 1*

Tachybaptus ruficollis / Zampullín común / Mergullón pequeno - 1

Podiceps nigricollis / Zampullín cuellinegro / Mergullón de pescozo negro - 3

Phalacrocorax carbo / Cormorán grande / Corvo mariño - 25

Bubulcus ibis / Garcilla bueyera / Garza boieira - 150

Egretta garzetta / Garceta común / Garzota - 27

Ardea cinerea / Garza real / Garza real - 40

Platalea leucorodia / Espátula común / Cullereiro - 45

Tadorna tadorna / Tarro blanco / Pato branco - 1

Mareca penelope / Silbón europeo / Asubiador - pato asubión - 107

Mareca strepera /Anade friso / Pato frisado - 2

Anas crecca / Cerceta / Cerceta -110

Anas platyrhynchos / Anade zzulón / Lavanco - 235

Anas acuta / Anade rabudo / Pato rabilongo - 103*

Aythya collaris / Porrón acollarado / Pato de colar - 1

Aythya marila / Porrón bastardo / Pato bastardo - pato caribranco - 2

Haematopus ostralegus / Ostrero / Lampareiro - gabita - 8

Charadrius hiaticula / Chorlitejo grande / Píllara real - 15

Pluvialis squatarola / Chorlito gris / Píllara cincenta - 8

Calidris alpina / Correlimos común / Pilro común - 365

Limosa lapponica / Aguja colipinta / mazarico rubio - 13

Numenius phaeopus / Zarapito trinador / Mazarico chiador - 20

Numenius arquata / Zarapito real / Mazarico real - 40

Tringa totanus / Archibebe común / Bilurico patirrubio - bilurico común - 12

Tringa nebularia / Archibebe claro / Bilurico pativerde - bilurico claro - 55

Actitis hypoleucos / Andarríos chico / Bilurico das rochas - 5

Chroicocephalus ridibundus / Gaviota reidora / Gaivota chorona - x

Larus michahellis / Gaviota patiamarilla / Gaivota patiamarela - x

Larus marinus / Gavión / Gaivotón - x

Alcedo atthis / Martín pescador / Picapeixe - martiño peixeiro - 1

Circus aeruginosus / Aguilucho lagunero / Tartaraña das xunqueiras- tartaraña arpella - 2

Pandion haliaetus / Águila Pescadora / Aguia pescadora - 5*

*Observacións do 27/12/2025

Mobella



A modo de resumo, dicir que son cifras similares ás do ano pasado e anos anteriores. Como datos mais relevantes, destacar a presenza por primeira vez na ría de cinco exemplares invernantes de aguia pescadora. O anterior maior rexistro estivera en catro, así que este ano superamos nunha mais.


Panchita



En canto ás anátidas, en xeral manteñen números parecidos ós dos últimos anos. E como especies raras, podemos citar a presenza de dous exemplares de pato bastardo, un pato de colar e un pato branco.

Patos asubiadores e cercetas

Cercetas

Patos rabilongos


Pato bastardo (femia)

Pato bastardo (macho)

Parella de patos bastardos

Pato de colar

Pato branco


Os limícolas andan tamén con datos semellantes, destacando quizais o pilros, que si que acadaron este ano unha poboación superior.





Por último citar o número de cullereiros, que manteñen a tendencia ascendente dos últimos anos (un exemplar máis este ano que o anterior récord nos meus rexistros).





Saúdos e ata a próxima

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons

Enrique Sampedro Miranda

Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com



martes, 30 de diciembre de 2025

Récord de aguias pescadoras invernantes na ría: CINCO!

O pasado sábado saín con Carlos Sanjurjo dar unha volta pola ría. E o máis destacado da xornada foi  a confirmación de que este ano temos cinco aguias pescadoras invernando, récord de exemplares dende que esta especie foi citada por primeira vez como invernante, no ano 2011, a nosa querida Panchita.

Panchita



Estabamos no Muro de Lamas, dende onde podiamos ver catro exemplares simultaneamente en diferentes puntos. Entón Carlos decidiu marchar rapidamente á zona da xunqueira, xa na parte final do río Eo, onde soe moverse unha das pescadoras este inverno. Quería comprobar si estaría alí, ou sería algunha das que estabamos vendo. E efectivamente, alí estaba ese exemplar. E ó volver ó punto onde eu estaba, comprobou que seguían as outras catro. Así que confirmado, cinco pescadoras este ano invernando, cifra récord na ría. Aquí van uns recortes de fotos, meramente testimoniais, dos cinco exemplares (fotos de Carlos Sanjurjo)








A parte das pescadoras, deixo aquí algunhas outras cifras do que vimos este día:

Castellano / Nombre científico / Galego
Ánade silbón / Mareca penelope / Asubiador - 113
Cerceta / Anas crecca / Cerceta - 2
Ánade azulón / Anas platyrhynchos / Lavanco - 360
Ánade rabudo / Anas acuta / Pato rabilongo - 103
Colimbo grande / Gavia immer / Mobella grande - 10
Zampullín común / Tachybaptus ruficollis / Mergullón pequeno - 1
Zampullín cuellirrojo / Podiceps auritus / Mergullón real - 1
Zampullín cuellinegro / Podiceps nigricollis / Mergullón de pescozo negro - 3
Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño - 15
Garceta / Egretta garzetta / Garzota - 31
Garza real / Ardea cinerea / Garza real - 28
Espátula / Platalea leucorodia / Cullereiro - 50
Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora - 5
Chorlito gris / Pluvialis squatarola / Píllara cincenta - 6
Correlimos común / Calidris alpina / Pilro común - 250
Zarapito trinador / Numenius phaeopus / Mazarico chiador - 20
Zarapito real / Numenius arquata / Mazarico real - 2
Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerde - 6
Andarríos chico / Actitis hypoleucos / Bilurico das rochas - 4
Aguja colipinta / Limosa lapponica / Mazarico rubio - 1
Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus / Gaivota chorona
Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota escura
Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela
Martín pescador / Alcedo atthis / Picapeixe - martiño peixeiro - 1










Saúdos e ata a próxima

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

sábado, 1 de marzo de 2025

Censo de aves acuáticas invernantes Ría de Ribadeo (inv. 2024-2025)




Con bastante retraso, deixo por aquí os datos do censo de aves invernantes que fixen na ría a finais do mes de xaneiro. Este ano, por circunstancias "alleas á organización" non puiden facer un censo en condicións. Son cifras de dúas mañás nas que puiden sair un ratiño, pero moito menos tempo do necesario para facelo como debe ser. Así que estou seguro de que non son cifras completas, nin de especies, nin de números. Unha pena, porque as condicións eran estupendas. Boa luz, sen vento, boa temperatura... Pero desta vez, así foi a cousa.


n. científico / n. común / n. galego
Gavia immer / Colimbo Grande / mobella grande -  2
Tachybaptus ruficollis / Zampullín Común / mergullón pequeno -  1
Podiceps nigricollis / Zampullín Cuellinegro / mergullón de pescozo negro - 16
Phalacrocorax carbo / Cormorán Grande / corvo mariño - x
Bubulcus ibis / Garcilla Bueyera / garza boieira - x
Egretta garzetta / Garceta Común / garzota  - 20
Ardea cinerea / Garza Real / garza real - 32
Platalea leucorodia / Espátula Común / cullereiro  -  36
Mareca penelope / Silbón Europeo / asubiador - pato asubión  - 120
Mareca strepera / Anade Friso / pato frisado - 10
Anas crecca / Cerceta Común / cerceta - 111
Anas platyrhynchos / Anade Azulón / lavanco - 167
Anas acuta / Anade Rabudo / pato rabilongo - 70
Melanitta nigra / Negrón Común / pentumeiro - 1
Haematopus ostralegus / Ostrero Común / lampareiro - gabita - 4
Pluvialis squatarola / Chorlito Gris / píllara cincenta - 18
Calidris alpina / Correlimos Común / pilro común - 210
Limosa limosa / Aguja Colinegra / mazarico rabinegro - 5
Numenius phaeopus / Zarapito Trinador / mazarico chiador - 10
Numenius arquata / Zarapito Real / mazarico real - 36
Tringa totanus / Archibebe Común / bilurico común - 5
Tringa nebularia / Archibebe Claro / bilurico pativerde - 12
Actitis hypoleucos / Andarríos Chico / bilurico das rochas - 2
Chroicocephalus ridibundus / Gaviota Reidora / gaivota chorona - x
Larus fuscus / Gaviota Sombría / gaivota escura - x
Larus michahellis / Gaviota Patiamarilla / gaivota patiamarela - x
Circus aeruginosus / Aguilucho Lagunero / tartaraña das xunqueiras - 1
Pandion haliaetus / Águila Pescadora / aguia pescadora - 2








Saúdos e ata a próxima.

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons

Enrique Sampedro Miranda

Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com


domingo, 28 de enero de 2024

Censo de aves acuáticas invernantes Ría de Ribadeo (inv. 2023-2024)


Esta semana, aproveitando o bo tempo, estiven facendo o meu censo de aves invernantes na ría. Antes de ir coas cifras totais, comentarei brevemente algúns datos. Comezo por comparar un dos que considero "indicadores" da saúde ornitolóxica do humidal, como son as anátidas. En xeral, podemos dicir que foi un inverno frouxo para estas especies. Pero por desgraza, non é só cuestión dun ano, senon que esta ven sendo a tendencia das dúas últimas décadas na ría, onde as anátidas están en clara regresión. Por exemplo, este ano contei 86 patos rabilongos, o que está bastante por debaixo da media dos últimos dez anos. E non digamos nada se o comparamos coas medias de varias décadas, que triplican esta cifra, con máximos de 800 ou 900 a principios dos noventa.

Patos rabilongos

Algo similar ocorre co pato asubiador, que cuns 200 exemplares, divide por tres as cifras se collemos medias de dúas ou tres décadas anteriores. As 120 cercetas están máis ou menos en liña cos últimos anos, pero tamén por debaixo da media da última década. E moito máis aínda se o comparamos coa media dos últimos vinte anos, que é case do dobre. Ata os lavancos, que parecían resistir en invernos anteriores a comparación con medias de décadas pasadas, quedan este ano en cifras moi baixas.


As aves limícolas tamén teñen unha tendencia descendente, ainda que menos acusada que a das anátidas. Os mazaricos reais son os que máis están baixando, e o seu número reduciuse á metade con respecto á media dos últimos trinta anos. Os pilros comúns baixan tamén lixeiramente. Pola contra, mazaricos chiadores, rabinegros, biluricos claros ou píllaras cincentas manteñen números similares.


Píllaras cincentas

 

Por decimocuarto inverno, desde aquel ano 2011 no que apareceu Panchita, temos aguia pescadora invernando na ría. Este ano tres, a propia Panchita, e outras dúas máis, na liña tamén dos últimos anos.


 

En canto a especies que podemos considerar "rarezas", ou cando menos, pouco habituais, aparece de novo a presenza este ano dunha avoceta. Tamén un ganso bravo, e un pato cristado.

Avoceta

Ganso bravo


E pecho esta breve análise, coas especies de éxito, aquelas que consegueron adaptarse ós grandes cambios que sufriu o noso humidal para aumentar a súa poboación invernante. Sen dúbida a gran destacada é a garza boieira, que en consoancia co que ocorre no resto do Cantábrico, experimentou unha explosión poboacional sen parangón. Ata tal punto, que sen contar as gaivotas, trátase xa da especie que maior número de individuos aporta ó censo.

Garzas boieiras

Tamén os cullereiros forman parte xa da nosa avifauna habitual, desde que se comenzaron a quedar a invernar na ría hai xa vinte anos. O seu número foi crecendo pouco a pouco, ata pasar da corentena estes últimos dous anos.

Cullereiros

 

E agora sí, imos coas cifras de individuos por especie que saquei estes días na ría.

 
Nome científico N. castellano
N. galego Número
Gavia arctica  Colimbo ártico Mobella ártica 1
Podiceps nigricollis Zampullín cuellinegro Mergullón de pescozo negro 6
Phalacrocorax carbo Cormorán grande Corvo mariño 45
Phalacrocorax aristotelis Cormorán moñudo Corvo mariño cristado
 2
Bubulcus ibis Garcilla bueyera Garza boieira 520
Egretta garzetta Garceta Garzota 30
Ardea cinerea Garza real Garza real 63
Platalea leucorodia Espátula Cullereiro 41
Anser anser Ánsar común Ganso bravo 1
Mareca penelope Silbón Pato asubiador 205
Anas crecca Cerceta Cerceta 120
Anas platyrhynchos Ánade azulón Lavanco 300
Anas acuta Ánade rabudo Pato rabilongo 86
Aythya fuligula Porrón moñudo Pato cristado 1
Melanitta nigra Negrón Pentumeiro 6
Haematopus ostralegus Ostrero Lampareiro/gabita 9
Recurvirostra avosetta Avoceta Avoceta 1
Pluvialis squatarola Chorlito gris Píllara cincenta 32
Calidris alpina Correlimos común Pilro comú 190
Limosa limosa Aguja colinegra Mazarico rabinegro 15
Numenius phaeopus Zarapito trinador Mazarico chiador 16
Numenius arquata Zarapito real Mazarico real 43
Tringa totanus Archibebe común Bilurico común 2
Tringa nebularia Archibebe claro Bilurico claro 42
Actitis hypoleucos Andarríos chico Bilurico das rochas 12
Chroicocephalus ridibundus Gaviota reidora Gaivota chorona x
Larus fuscus Gaviota sombría Gaivota escura x
Larus michahellis Gaviota patiamarilla Gaivota patiamarela x
Larus marinus Gavión atlántico
Gaivotón 4
Alcedo atthis Martín pescador Picapeixe 1
Circus aeruginosus Aguilucho lagunero Tartaraña das xunqueiras 2
Buteo buteo Busardo ranotero Miñato 1
Pandion haliaetus Águila pescadora Aguia pescadora 3

*x - especie observada, sen contar exemplares. 


Mobella ártica

Garza real


Saúdos e ata a próxima.

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons

Enrique Sampedro Miranda

Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com