Páginas del blog Ría de Ribadeo

Mostrando entradas con la etiqueta pandion haliaetus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pandion haliaetus. Mostrar todas las entradas

martes, 30 de diciembre de 2025

Récord de aguias pescadoras invernantes na ría: CINCO!

O pasado sábado saín con Carlos Sanjurjo dar unha volta pola ría. E o máis destacado da xornada foi  a confirmación de que este ano temos cinco aguias pescadoras invernando, récord de exemplares dende que esta especie foi citada por primeira vez como invernante, no ano 2011, a nosa querida Panchita.

Panchita



Estabamos no Muro de Lamas, dende onde podiamos ver catro exemplares simultaneamente en diferentes puntos. Entón Carlos decidiu marchar rapidamente á zona da xunqueira, xa na parte final do río Eo, onde soe moverse unha das pescadoras este inverno. Quería comprobar si estaría alí, ou sería algunha das que estabamos vendo. E efectivamente, alí estaba ese exemplar. E ó volver ó punto onde eu estaba, comprobou que seguían as outras catro. Así que confirmado, cinco pescadoras este ano invernando, cifra récord na ría. Aquí van uns recortes de fotos, meramente testimoniais, dos cinco exemplares (fotos de Carlos Sanjurjo)








A parte das pescadoras, deixo aquí algunhas outras cifras do que vimos este día:

Castellano / Nombre científico / Galego
Ánade silbón / Mareca penelope / Asubiador - 113
Cerceta / Anas crecca / Cerceta - 2
Ánade azulón / Anas platyrhynchos / Lavanco - 360
Ánade rabudo / Anas acuta / Pato rabilongo - 103
Colimbo grande / Gavia immer / Mobella grande - 10
Zampullín común / Tachybaptus ruficollis / Mergullón pequeno - 1
Zampullín cuellirrojo / Podiceps auritus / Mergullón real - 1
Zampullín cuellinegro / Podiceps nigricollis / Mergullón de pescozo negro - 3
Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño - 15
Garceta / Egretta garzetta / Garzota - 31
Garza real / Ardea cinerea / Garza real - 28
Espátula / Platalea leucorodia / Cullereiro - 50
Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora - 5
Chorlito gris / Pluvialis squatarola / Píllara cincenta - 6
Correlimos común / Calidris alpina / Pilro común - 250
Zarapito trinador / Numenius phaeopus / Mazarico chiador - 20
Zarapito real / Numenius arquata / Mazarico real - 2
Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerde - 6
Andarríos chico / Actitis hypoleucos / Bilurico das rochas - 4
Aguja colipinta / Limosa lapponica / Mazarico rubio - 1
Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus / Gaivota chorona
Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota escura
Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela
Martín pescador / Alcedo atthis / Picapeixe - martiño peixeiro - 1










Saúdos e ata a próxima

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

jueves, 10 de agosto de 2023

Comeza o movemento na ría


 

De paseo pola Ría de Ribadeo a mediados do verano podemos comezar a ver xa moitas cousas interesantes. No Muro de Lamas descansan na preamar as limícolas, como este grupo de mazaricos. Aquí temos as dúas especies, o mazarico real e o chiador. Nas seguintes fotos podemos apreciar as diferenzas entre ambos. O primeiro de maior tamaño e cun peteiro máis longo. E outra clave para diferencialos é a liña na parte superior da cabeza (píleo) que caracteriza ó mazarico chiador.




Aparecen tamén as águias pescadoras. Á espera de que chegue Panchita, por agora podemos gozar da presenza doutros exemplares. Veremos se só en paso, ou para quedarse a invernar.


Tamén andaba por aquí este pentumeiro, do que me pasou foto Carlos Sanjurjo.

Foto: Carlos Sanjurjo

Sempre presentes nesta época tamén limícolas en paso migratorio coma os pilros comúns e as píllaras reais.



E cómo non, lavancos, garzas reais, garzotas, cullereiros, corvos mariños... 


Comeza o movemento migratorio postnupcial, e unha das mellores épocas para a observación de aves na ría. Quen poida, que non o perda.



Saúdos e ata a próxima

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons

Enrique Sampedro Miranda

Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

viernes, 19 de agosto de 2022

Ría de Ribadeo - Aves en verano

 


O verano non é a mellor época para a observación de aves na ría. Pero aínda así, sempre hai cousas que ver. Traio hoxe unhas observacións realizadas o pasado día 4 de agosto. O máis destacado era a presenza de catorce cullereiros (Platalea leucorodia). Non é habitual velos na ría nestas datas, pero tampouco é a primeira vez.


Tamén me chamou a atención esta gaivota morta nos penedos de Salías. Poden ser moitas as causas da súa morte, pero pareceume raro que morrera aí. Non me extranaría nada que fora a causa da gripe aviar, que está xa moi estendida entre moitas poboacións de aves.




Continuando coas especies observadas, aquí van algunhas cifras:

Lavanco / Anas platyrynchos / Ánade real -  +200

Mazarico real / Numenius arquata / Zarapito real - 80

Garza real / Ardea cinerea / Garza real -20

Garzota / Egretta garzetta / Garceta común - 14

Corvo mariño / Phalacrocorax carbo / Cormorán grande - 10

Gaivota patiamarela / Larus michaellis / Gaviota patiamarilla - x

Gaivota escura / Larus fuscus / Gaviota sombría - x

Gaivota chorona / Chroicocephalus ridibundus / Gaviota reidora - x


Mencionar tamén que este día non estaba aínda a querida Panchita. Por moito que busquei, non a vin por ningún lado. Pero só uns días máis tarde, o 8 de agosto, viuna Carlos Sanjurjo. Así que tras superar unha nova tempada de cría, coas súas correspondentes viaxes de ida e volta, terémola na Ría de Ribadeo por decimosegundo ano consecutivo. Xa se nos vai facendo maior... 

Panchita. Foto de arquivo


Saudos e ata a próxima.

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons

Enrique Sampedro Miranda

Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

lunes, 18 de octubre de 2021

Ría de Ribadeo: observacións de outubro


 

Tiña pendente subir ó blog as observacións realizadas nun paseo pola ría do pasado 10 de outubro. Época de paso migratorio, as aves que se poden ver nesta época no noso estuario fluctúan moito, posto que moitas delas están de paso, e as cifras varían dun día para outro. Ainda que hai tamén especies que xa están para quedarse, como as aguias pescadoras, que chegaron xa fai semanas para a súa invernada aquí. Aquí vai o listado:


 
Castellano / Nombre científico / Galego
Ánade real / Anas platyrhynchos / Lavanco 300
Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño 15
Garceta / Egretta garzetta / Garzota 20
Garza real / Ardea cinerea / Garza real 25
Espátula / Platalea leucorodia / Cullereiro 23
Ratonero / Buteo buteo / Miñato 1
Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora 2
Chorlitejo grande / Charadrius hiaticula / Píllara real 3
Chorlito gris / Pluvialis squatarola / Píllara cincenta 8
Correlimos común / Calidris alpina / Pilro común - pilro curlibico 62
Zarapito real / Numenius arquata / Mazarico real 30
Archibebe común / Tringa totanus / Bilurico patirrubio - bilurico común 3
Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerde - bilurico claro 50
Andarríos chico / Actitis hypoleucos / Bilurico das rochas - bilurico bailón 6
Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus / Gaivota chorona x
Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota escura x
Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela x
Arrendajo / Garrulus glandarius / Pega rebordá1















 

Nese mesmo día, tralo paseo pola ría, achegueime tamén á rasa costeira de Ribadeo, para ver qué se movía por aí. A parte dos omnipresentes mazcatos, corvos mariños cristados, e varias pardelas, sorprendín tamén a presenza dun grupiño dunhas 20 picas dos prados (Bisbita pratense / Anthus pratensis) que se alimentaba nun prado entre cabalos. Estes pequeniños paxaros están tamén en migración, como moitas outras especies, e fan paradas na costa para repoñer forzas e continuar viaxe. A maioría da poboación invernante chega á nosa costa procedente das illas británicas, distribuíndose logo por toda a península ibérica.







Saúdos e ata a próxima.

 

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons

Enrique Sampedro Miranda

Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com