Chegadas estas datas, chega o meu particular censo de aves acuáticas invernantes na Ría de Ribadeo. Este ano só dispuxen de dúas tardes para poder facelo, a do 30 de decembro e a do 1 de xaneiro. O primeiro día as condicións climatolóxicas foron óptimas, polo que puiden facelo moi ben, ainda que dispuña de pouco tempo (apenas dúas horas e media). Isto obligoume a centrarme só en determinadas especies, deixando o resto para outro día. Ese día foi o 1 de xaneiro, pero ocorreume todo o contrario. O tempo foi malísimo, con constantes ballóns e fortes rachas de vento, polo que o que pensaba completar ese día e que me quedara pendente do anterior, case non puiden facelo. É por iso que este ano me tiven que conformar con facer un censo "parcial", como indico no título desta entrada.
Aclarado isto, imos cos datos que logrei recoller:
Castellano / Nombre
científico / Galego
Ánade silbón / Anas penelope / Asubiador - pato asubión -
412+
Ánade friso / Anas strepera / Pato frisado - *
Cerceta / Anas crecca / Cerceta - 165
Ánade real / Anas platyrhynchos / Lavanco - 200+
Ánade rabudo / Anas acuta / Pato rabilongo - 155
Porrón bastardo / Aythya marila / Pato bastardo - pato
caribranco - 2
Negrón / Melanitta nigra / Pentumeiro - 4
Colimbo grande / Gavia immer / Mobella grande - 2
Zampullín cuellinegro / Podiceps nigricollis / Mergullón de
pescozo negro - mergullón orelleiro - *
Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño - *
Garcilla bueyera / Bubulcus ibis / Garza boieira - garza
mediana - 20+
Garceta / Egretta garzetta / Garzota - 31
Garza real / Ardea cinerea / Garza real - 20
Espátula / Platalea leucorodia / Cullereiro - 19
Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora - 2+
Ostrero / Haematopus ostralegus / Lampareiro (galego local)
- gabita - 10
Chorlitejo Grande / Charadrius hiaticula / Píllara real - 5
Correlimos común / Calidris alpina / Pilro común - pilro
curlibico - 51+
Zarapito trinador / Numenius phaeopus / Mazarico chiador -
20
Zarapito real / Numenius arquata / Mazarico real - 49
Archibebe común / Tringa totanus / Bilurico patirrubio -
bilurico común - 10
Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerde -
bilurico claro - 61
Andarríos chico / Actitis hypoleucos / Bilurico das rochas -
bilurico bailón - 2
Aguja colinegra / Limosa limosa / Mazarico rabinegro - 60
Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus / Gaivota
chorona - *
Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota escura - *
Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota
patiamarela - *
Gavión atlántico / Larus marinus / Gaivotón - *
Charrán patinegro / Sterna sandvicensis / Carrán cristado - 2
*Especies non censadas.
+Especie censada parcialmente, habendo seguramente máis exemplares.
Así pois, estes son os meus números, que con moito agrado comparto con tódolos lectores do blog. Ogallá poidamos coñecer os números dos censos oficiais que se realizaron precisamente esta fin de semana do 13 e 14 de xaneiro. Ainda que desgraciadamente (e incomprensiblemente) acceder a eses datos non é nada doado. Pero en fin, iso xa é outro cantar...
Graciñas coma sempre por lerme, e ata a próxima.
Enrique Sampedro Miranda