Páginas del blog Ría de Ribadeo

domingo, 26 de noviembre de 2023

Novo observatorio de aves na Ría de Ribadeo


Cun pouco de retraso, traio as fotos e observacións da miña última saída pola ría, fai un par de semanas. Tamén vos deixo as fotos do novo observatorio de aves instalado en Ribadeo.

Comezanzo polas observacións, aquí vai o listado de especies. Só nalgunhas delas deixo cifras do número de exemplares que contei.

Castellano  /  Nombre científico  /  Galego
Ánade silbón  /  Mareca penelope  /  Asubiador - pato asubión
Cerceta  /  Anas crecca  /  Cerceta
Ánade azulón  /  Anas platyrhynchos  /  Lavanco
Ánade rabudo  /  Anas acuta  /  Pato rabilongo
Cormorán  /  Phalacrocorax carbo  /  Corvo mariño
Garceta  /  Egretta garzetta  /  Garzota
Garza real  /  Ardea cinerea  /  Garza real
36- Espátula  /  Platalea leucorodia  /  Cullereiro
Ratonero  /  Buteo buteo  /  Miñato
Águila pescadora  /  Pandion haliaetus  /  Aguia pescadora
7- Ostrero  /  Haematopus ostralegus  /  Lampareiro (galego local) - gabita
Chorlitejo grande  /  Charadrius hiaticula  /  Píllara real
Correlimos común  /  Calidris alpina  /  Pilro común - pilro curlibico
Zarapito trinador  /  Numenius phaeopus  /  Mazarico chiador
Zarapito real  /  Numenius arquata  /  Mazarico real
2- Archibebe común  /  Tringa totanus  /  Bilurico común
Archibebe claro  /  Tringa nebularia  /  Bilurico pativerde - bilurico claro
15- Aguja colinegra  /  Limosa limosa  /  Mazarico rabinegro
Gaviota reidora  /  Chroicocephalus ridibundus  /  Gaivota chorona
Gaviota sombría  /  Larus fuscus  /  Gaivota escura
Gaviota patiamarilla  /  Larus michahellis  /  Gaivota patiamarela
Gavión atlántico  /  Larus marinus  /  Gaivotón
4- Charrán patinegro  /  Thalasseus sandvicensis  /  Carrán cristado
Buitrón  /  Cisticola juncidis  /  Carriza dos xuncos

 











En canto ó novo observatorio de aves que se instalou recentemente en Ribadeo, dicir que está situado nunha das mellores zonas para observar aves da ría, preto do Muro de Lamas. Está algo oculto, xa que hai que adentrarse un pouco por un camiño, e para quen non saiba que está alí, poida que lle pase desapercibido. Baixo o meu punto de vista, ten varios defectos de deseño, e podería estar mellor pensado. Tamén se pode discutir a súa ubicación, o acceso, etc. Pero isto é como todo, e na miña opinión, xa é un avance. Onde non o había, agora temos un observatorio.

Se queredes saber a ubicación exacta, aquí vos deixo o plano de mellores puntos para observar aves na ría, que actualicei xa con este novo obervatorio (chameille Observatorio do Muro de Lamas): 

Como podedes ver nestas fotos, desde o observatorio podemos ter unha panorámica case completa da ría. Pero sobre todo, da zona interna, con especial perspectiva do Muro de Lamas, o Fondón e parte da Xunqueira.









 

Saúdos e ata a próxima.

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons

Enrique Sampedro Miranda

Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com