A mañá presentaba unhas condicións bastante malas para a observación de aves, por certo, xa que a brétema impedía unha boa visión. Pero a pesares diso, algo sempre se pode ver. Así, na lonxa, un bo lugar para a observación de gaivotas, había algun que outro gaivotón (Larus marinus) e uns cantos xuvenís de gaivota escura (Larus fuscus).
|
Gaivota escura (xuv.) |
|
Gaivotón |
Desde o porto dirixinme ó observatorio de Reme, que foi onde localicei os tres cisnes negros (Cygnus atratus), a sorpresa da xornada. Ata fai uns días aínda seguían por alí, por certo.
|
Cisnes negros |
Xunto ós cisnes estaba tamén unha das dúas pescadoras (Pandion haliaetus) invernantes habituais, que resultou ser Virgilia (según confirmou Carlos Sanjurjo). A outra, Panchita, anda xa tamén por alí, pero nestas datas aínda non chegara.
Á altura do Muro das Lamas puiden ver un grupiño duns 15 mazaricos reais (Numenius arquata) e un bando mixto de gaivotas escuras (Larus fuscus) e choronas (Chroicocephalus ridibundus).
|
Mazarico real |
Xa pola beira asturiana, entre a Veiga e a enseada do Fondón apenas algúns exemplares de lavanco (Anas platyrhynchos), unha garzota (Egretta garzetta) e un miñato (Buteo buteo).
|
Garzota e lavanco |
|
Miñato |
E para finalizar a volta á ría, en Salías máis gaivotas, outra garzota e un reducido grupo de píllaras reais (Charadrius hiaticula) e pilros comúns (Calidris alpina).
|
Garzota e gaivotas choronas |
|
Píllaras reais |
|
Pilros comúns |
|
Pilro común |
|
Píllara real |
Saúdos e ata a próxima.
Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com