Fai uns días publicaba no Facebook a foto dos tres cisnes negros que observei o pasado 25 de agosto na Ría de Ribadeo. Agora, con algo máis de tempo, traio máis fotos ó blog.
A observación fíxena como dicía o pasado 25 de agosto pola mañá. O día non estaba nada propicio para a observación de aves, debido á neboa, polo que había moi pouca luz. Sen embargo a presenza destes tres exemplares de cisne negro (Cygnus atratus) non pasa desapercibida e chamaron pronto a miña atención. Primeiro vinos desde moi lonxe, á altura do observatorio de Reme. Así que collín o coche e achegueime ata o obervatorio para velos máis de preto.
Vista desde o observatorio de Reme |
E desde alí foi desde onde lles tirei estas fotos. A pesar da mala luz, sirven para identificalos e deixar constancia da súa presenza na ría.
Os raros visitantes da Ría de Ribadeo xunto a unha das águias pescadoras |
Outra foto coa pescadora no seu pousadoiro |
Estiven observándoos durante bastante tempo, e puiden ver cómo se alimentaban tranquilamente das algas do fondo mariño. Para rematar esta breve entrada, deixo este pequeno vídeo. Disculpade a pésima calidade. Estaban xa moi lonxe, e está sacado co zoom dixital ó máximo. Pero sirva coma testemuña desta rara observación.
Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario