Páginas del blog Ría de Ribadeo

miércoles, 21 de agosto de 2019

Xa están as pescadoras invernantes na ría



Si o día 8 de agosto aínda non había ningunha águia pescadora na ría, como podedes comprobar nesta entrada do blog (ver), o día 11 avisoume Carlos Sanjurjo de que xa estaba Panchita. E segundo me dixo, o día anterior non a viu, así que debeu chegar ese mesmo día 11. Con esta información, o día 15 achegueime ata o observatorio de Reme para ver si a localizaba. Observei unha pescadora no pousadoiro do medio da ría. Ainda que non se lle podía ver si estaba anelada, porque estaba de costas a mín, pensei que sería Panchita.


Pero días máis tarde, falando con Carlos de novo, díxome que chegara outra pescadora máis despóis de Panchita, así que chegamos á conclusión de que esta que fotografei debe ser a outra. Porque Panchita, desde que a segunda das águias pescadoras aneladas na ría, Virgilia, escolleu tamén o noso estuario para pasalos invernos, Panchita xa non o utiliza, xa que Virgilia apropiouse del. Non así a terceira pescadora invernante, que está sen anelar, e que o ano pasado trala marcha de Virgilia, sí que utilizou ese pousadoiro. Así pois, esta pescadora que eu observei ben podería ser esa terceira invernante dos últimos anos na ría, xa que non parece estar de paso. Aquí vai un pequeno vídeo dela.



É destacable o regreso de Panchita por noveno inverno consecutivo, despois de pasala época reproductora en terras francesas do embalse de Ravoir, en Orleáns, como ben sabemos. E unha chegada moi prematura, como parece gostarlle últimamente, xa que os primeiros anos chegaba iniciado o mes de setembro. Por certo, este ano poidemos gozar por primeira vez de imaxes en directo do niño da nosa benquerida Panchita no embalse de Ravoir, gracias a esta webcam instalada polos colegas franceses, do que Carlos me pasou o link: https://www.skaping.com/etang-du-ravoir/nid/ Lóxicamente, agora o niño atópase valeiro, pero pódese acceder ó banco de vídeos grabados.

Con esta boa nova do regreso das aguias pescadoras invernantes á ría despídome ata a seguinte entrada.




Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com


miércoles, 14 de agosto de 2019

Aves mariñas desde Estaca de Bares

Estaca de Bares

O día 10 achegueime pola tarde ata Escata de Bares para observar o paso migratorio dende este privilexiado enclave da costa galega. Como moitos sabedes, trátase dun dos mellores lugares da península para observar aves mariñas. Alí estaban tamén Antonio Sandoval, Ricardo Hevia, Alfonso Valderas, Pablo Pita e William Haworth.



Non se daban as mellores condicións, xa que sopraba vento do suroeste, cando o mellor aquí é que sopre do noroeste, o que fai que as aves pasen mais preto da costa. Pero de tódolos xeitos, sempre se observan cousas.
 
Tomando os rexistros de Antonio Sandoval, estes foron os números mais interesantes da xornada:

Págalo pomarino / Stercorarius pomarinus / Palleira pomarina - 62

Págalos pomarinos

Págalos pomarinos





Págalo parásito / Stercorarius parasiticus / Palleira parásita - 5

Págalo rabero / Stercorarius longicaudus / Palleira rabilonga - 3

Págalo grande / Stercorarius skua / Palleira grande - 35

Págalo grande

Págalo grande


Pardela capirotada / Puffinus gravis / Pardela encapuchada - 2

Pardela pichoneta / Puffinus puffinus / Pardela pichoneta – 202

Alcatraz atlántico (Morus bassanus)



Unha tarde moi amena disfrutando das aves, da natureza e dunha agradable compaña.

Solpor desde Estaca de Bares, mirando cara ó Cabo Ortegal





Saúdos e ata a próxima.


Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

jueves, 8 de agosto de 2019

Calma na ría





Esta mañá fun dar unha volta pola ría. E a cousa está moi tranquila. Coa marea case chea, onde máis cousas se poden ver é na enseada da Lieira e no Muro de Lamas. Así que fun primeiro pola Lieira, onde había uns 300 lavancos (Anas platyrhynchos), xunto con varias decenas de gaivotas choronas (Chroicocephalus ridibundus) e escuras (Larus fuscus). Tamén andaban por alí 4 garzas reais (Ardea cinerea), 6 garzotas (Egretta garzetta), 8 corvos mariños (Phalacrocorax carbo) e dous pilros das rochas (Actitis hypoleucos).

Corvo mariño grande


Desde aquí fun ó Muro de Lamas, onde, como esperaba, había un pequeniño grupo de mazaricos chiadores (Numenius phaeopus). Oito, concretamente.



E iso, xunto algunhas garzas reáis, garzotas, e outro grupo de gaivotas choronas, era todo o que había hoxe na ría. Como vedes, a cousa está frouxa hoxe por aquí.

Garza real

Garzota e gaivota chorona



Saúdos e ata a próxima.


Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com