Páginas del blog Ría de Ribadeo

miércoles, 21 de agosto de 2019

Xa están as pescadoras invernantes na ría



Si o día 8 de agosto aínda non había ningunha águia pescadora na ría, como podedes comprobar nesta entrada do blog (ver), o día 11 avisoume Carlos Sanjurjo de que xa estaba Panchita. E segundo me dixo, o día anterior non a viu, así que debeu chegar ese mesmo día 11. Con esta información, o día 15 achegueime ata o observatorio de Reme para ver si a localizaba. Observei unha pescadora no pousadoiro do medio da ría. Ainda que non se lle podía ver si estaba anelada, porque estaba de costas a mín, pensei que sería Panchita.


Pero días máis tarde, falando con Carlos de novo, díxome que chegara outra pescadora máis despóis de Panchita, así que chegamos á conclusión de que esta que fotografei debe ser a outra. Porque Panchita, desde que a segunda das águias pescadoras aneladas na ría, Virgilia, escolleu tamén o noso estuario para pasalos invernos, Panchita xa non o utiliza, xa que Virgilia apropiouse del. Non así a terceira pescadora invernante, que está sen anelar, e que o ano pasado trala marcha de Virgilia, sí que utilizou ese pousadoiro. Así pois, esta pescadora que eu observei ben podería ser esa terceira invernante dos últimos anos na ría, xa que non parece estar de paso. Aquí vai un pequeno vídeo dela.



É destacable o regreso de Panchita por noveno inverno consecutivo, despois de pasala época reproductora en terras francesas do embalse de Ravoir, en Orleáns, como ben sabemos. E unha chegada moi prematura, como parece gostarlle últimamente, xa que os primeiros anos chegaba iniciado o mes de setembro. Por certo, este ano poidemos gozar por primeira vez de imaxes en directo do niño da nosa benquerida Panchita no embalse de Ravoir, gracias a esta webcam instalada polos colegas franceses, do que Carlos me pasou o link: https://www.skaping.com/etang-du-ravoir/nid/ Lóxicamente, agora o niño atópase valeiro, pero pódese acceder ó banco de vídeos grabados.

Con esta boa nova do regreso das aguias pescadoras invernantes á ría despídome ata a seguinte entrada.




Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com


2 comentarios:

  1. Noraboa polo blogue Enrique.

    Interesante entrada. Estiven mirando agora a webcam do embalse de Ravoir e parece que tiveron un polo e que estivo no niño hasta o 11/08 polo menos. ¿Hai nalgunha parte un diario da cría aínda que esté en francés?

    Gracias, un saúdo.

    Javier Valladares

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Benvido Javier, e grazas. Panchita tivo dous polos este ano. Mira, aquí podes ver unha reportaxe completa sobre esta tempada de cría:
      https://www.fapas.es/noticias/panchita-y-sus-pequenos-en-orleans
      E aquí tés unha boa "biografía" de Panchita, con todo o seu historial no embalse de Ravoir, fotos de toda a súa descendencia, así como nomes e apelidos da mesma (léase, os códigos dos aneis):
      https://www.fapas.es/noticias/panchita-la-dama-de-ravoir

      Como ves, non nos falta información sobre a nosa veciña máis famosa.

      Saúdos

      Eliminar