Esta mañá fun dar unha volta pola ría. E a cousa está moi tranquila. Coa marea case chea, onde máis cousas se poden ver é na enseada da Lieira e no Muro de Lamas. Así que fun primeiro pola Lieira, onde había uns 300 lavancos (Anas platyrhynchos), xunto con varias decenas de gaivotas choronas (Chroicocephalus ridibundus) e escuras (Larus fuscus). Tamén andaban por alí 4 garzas reais (Ardea cinerea), 6 garzotas (Egretta garzetta), 8 corvos mariños (Phalacrocorax carbo) e dous pilros das rochas (Actitis hypoleucos).
Corvo mariño grande |
Desde aquí fun ó Muro de Lamas, onde, como esperaba, había un pequeniño grupo de mazaricos chiadores (Numenius phaeopus). Oito, concretamente.
E iso, xunto algunhas garzas reáis, garzotas, e outro grupo de gaivotas choronas, era todo o que había hoxe na ría. Como vedes, a cousa está frouxa hoxe por aquí.
Garza real |
Garzota e gaivota chorona |
Saúdos e ata a próxima.
Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario