De paseo pola Ría de Ribadeo a mediados do verano podemos comezar a ver xa moitas cousas interesantes. No Muro de Lamas descansan na preamar as limícolas, como este grupo de mazaricos. Aquí temos as dúas especies, o mazarico real e o chiador. Nas seguintes fotos podemos apreciar as diferenzas entre ambos. O primeiro de maior tamaño e cun peteiro máis longo. E outra clave para diferencialos é a liña na parte superior da cabeza (píleo) que caracteriza ó mazarico chiador.
Aparecen tamén as águias pescadoras. Á espera de que chegue Panchita, por agora podemos gozar da presenza doutros exemplares. Veremos se só en paso, ou para quedarse a invernar.
Tamén andaba por aquí este pentumeiro, do que me pasou foto Carlos Sanjurjo.
Foto: Carlos Sanjurjo |
Sempre presentes nesta época tamén limícolas en paso migratorio coma os pilros comúns e as píllaras reais.
E cómo non, lavancos, garzas reais, garzotas, cullereiros, corvos mariños...
Comeza o movemento migratorio postnupcial, e unha das mellores épocas para a observación de aves na ría. Quen poida, que non o perda.
Saúdos e ata a próxima
Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario