A cousa está tranquila pola costa. O potente anticiclón que afecta á Península nestas últimas semanas do ano, fai que na costa cantábrica, e en particular na Mariña de Lugo, o predominante sexan as temperaturas templadas, os ceos despexados con lixeiras nubes altas, e os ventos en calma. E estas non son as mellores condicións para poder observar aves mariñas. A pesar disto, onte achegeime ata Rinlo para dar un paseo pola beira do mar, e botar un vistazo a ver o que se movía fronte á costa. E básicamente o que vin foron mazcatos (alcatraz – Morus bassanus), moi abondantes coma sempre, e gaivotas.
Gaivota patiamarela (de primeiro inverno) |
Nos cantís vin un pequeno bando de píllaras douradas (chorlito dorado – Pluvialis apricaria), así como lampareiros (ostrero – Haematopus ostralegus) e corvos mariños cristados (cormorán moñudo – Phalacrocorax aristotelis) no Penedo do Corvo.
Lampareiros e corvos mariños cristados |
Píllaras douradas |
Outra das cousas que se pode ver cando un lle adica tempo a otear o mar, é algún cetáceo. Neste caso onte puiden ver un par de arroaces (delfín mular - Tursiops truncatus).
A charca de Rinlo está moi escasa de auga, e non había nin sequera patos nin gaivotas. Apenas unha garza real (Ardea cinerea), e nos prados colindantes un lagarteiro (cernícalo – Falco tinnunculus) e a sempre gozosa de ver curuxa das xunqueiras (búho campestre – Asio flammeus).
Curuxa das xunqueiras |
Imaxes e texto baixo licenza
Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
No hay comentarios:
Publicar un comentario