Páginas del blog Ría de Ribadeo

domingo, 18 de septiembre de 2011

Paso de limícolas

A pasada fin de semana era notable a presencia de limícolas en paso na ría. O sábado (10 de setembro) saín coa cámara e o telescopio nun espléndido día para observar aves., e puiden tirar algunhas fotos.

Mazaricos rabinegros

Coa marea chea, as aves concéntranse no Muro de Lamas, o que o converte nun dos mellores lugares para ver aves da ría.

Muro de Lamas

E este día en concreto, como digo, a meteoroloxía e a gran presenza de limícolas era todo un espectáculo. Mazaricos, pilros, píllaras, garzas... unha morea de paxaros que se deixaban ver tranquilamente neste punto.

Mazaricos reais

Biluricos claros
Esta é a relación de especies identificadas, coma sempre, cos nomes en castelán, científico e galego:

zarapito real / numenius arquata / mazarico real
aguja colinegra / limosa limosa / mazarico rabinegro
archibebe claro / tringa nebularia / bilurico pativerde - bilurico claro
chorlitejo grande / charadrius hiaticula / píllara real
correlimos común / calidris alpina / pilro común - pilro curlibico
vuelvepiedras / arenaria interpres / virapedras - píllara riscada
correlimos común / calidris alpina / pilro común - pilro curlibico
vuelvepiedras / arenaria interpres / virapedras - píllara riscada
garceta / egretta garzetta / garzota
garza real / ardea cinerea / garza real


Mazaricos reais
Imágenes y texto propiedad de:
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com



No hay comentarios:

Publicar un comentario