Páginas del blog Ría de Ribadeo

martes, 14 de enero de 2020

Censo de aves invernantes na Ría de Ribadeo (inv. 2019-2020)


Zona media da ría, con Ribadeo ó fondo











Pois aquí van os resultados do meu censo de aves acuáticas invernantes 2020 na ría. As cifras son o resultado de varios días de observacións. Nestes días encontreime tamén cos encargados de elaborar os censos para a Xunta de Galicia e o Principado de Asturias, así coma con outros aficionados á ornitoloxía que viñan pola súa conta. Así, en diferentes xornadas coincidín con xente coma Gustavo Martínez Lamas, Jilberto S. Jardón, Pablo Fernández ou Luis Mario Arce. Como digo sempre, a Ría de Ribadeo debe ser o humidal mellor censado, xa que ademais dos censos das dúas administracións autonómicas, normalmente veñen tamén censar membros da SGHN, nalgúns anos a COA, e nos últimos anos súmase tamén o censo deste blog. Así que entre todos, malo será que se quede algo sen censar, digo eu... En fin, imos cos meus números:



3 Gavia immer Colimbo Grande Mobella grande
1 Tachybaptus ruficollis Zampullín Común Mergullón pequeno
1 Podiceps cristatus Somormujo Lavanco Mergullón cristado
1 Podiceps auritus Zampullín Cuellirrojo Mergullón real
15 Podiceps nigricollis Zampullín Cuellinegro Mergullón de pescozo negro
40 Phalacrocorax carbo Cormorán Grande Corvo mariño
3 Phalacrocorax aristotelis Cormorán Moñudo Corvo mariño cristado
68 Bubulcus ibis Garcilla Bueyera Garza boieira
32 Egretta garzetta Garceta Común Garzota
30 Ardea cinerea Garza Real Garza real
25 Platalea leucorodia Espátula Común Cullereiro
244 Anas penelope Silbón Europeo Pato asubiador
16 Anas strepera Anade Friso Pato frisado
95 Anas crecca Cerceta Común Cerceta
512 Anas platyrhynchos Anade Azulón Lavanco
27 Anas acuta Anade Rabudo Pato rabilongo
2 Melanitta nigra Negrón Común Pentumeiro
18 Haematopus ostralegus Ostrero Común Lampareiro - gabita
17 Pluvialis squatarola Chorlito Gris Píllara cincenta
75 Calidris alpina Correlimos Común Pilro común
3 Limosa limosa Aguja Colinegra Mazarico rabinegro
13 Numenius phaeopus Zarapito Trinador Mazarico chiador
58 Numenius arquata Zarapito Real Mazarico real
7 Tringa totanus Archibebe Común Bilurico patirrubio
43 Tringa nebularia Archibebe Claro Bilurico pativerde
19 Actitis hypoleucos Andarríos Chico Bilurico das rochas
225 Chroicocephalus ridibundus Gaviota Reidora Gaivota chorona
130 Larus fuscus Gaviota Sombría Gaivota escura
40 Larus michahellis Gaviota Patiamarilla Gaivota patiamarela
2 Larus marinus Gavión Gaivotón
10 Sterna sandvicensis Charrán Patinegro Carrán cristado
2 Circus aeruginosus Aguilucho Lagunero Tartaraña das xunqueiras
3 Pandion haliaetus Águila Pescadora Aguia pescadora


Zona externa da ría












Pena furada e praia de Arnao ó fondo. Zona externa da ría

 
Co censo na man, un dos primeiros indicadores nos que nos fixamos sempre é nas anátidas. E este ano os datos son moi chamativos, xa que o descenso no número de exemplares invernantes é considerable. Por exemplo, no caso do pato asubiador (Anas penelope), falamos de que hai case a metade de exemplares que nos últimos tres anos. Ocorre algo similar coas cercetas (Anas crecca), ainda que é certo que estas teñen maior variabilidade no noso estuario ó longo dos anos. Pero, sen dúbida, o dato máis chamativo de todo o censo e o do pato rabilongo (Anas acuta), do que temos a cifra máis baixa desde que existen rexistros, fai mais de corenta anos. E aínda que o descenso da súa poboación invernante é unha tendencia na Ría de Ribadeo, este ano o dato é extraordinariamente baixo. A presenza de tan só 27 exemplares, fronte á media de máis de douscentos da última década, é realmente chamativo. Ainda que hai que dicir que debeu haber un desprazamento de exemplares a outro lugar, xa que a comezos de decembro había 80 exemplares. De tódolos xeitos estes datos van acordes ós de outros humidáis peninsulares, nos que a invernada de anátidas este ano está sendo moi pobre. Coma sempre, os datos dos censos hai que analizados a medio prazo, coa perspectiva de varios anos, para poder sacar conclusións.





Tamén son baixos os números para as limícolas, sendo especialmente destacable a escasa presenza de mazarico rabinegro (Limosa limosa) acostumados ás cifras dos últimos anos. Do mesmo xeito, o pilro común presenta unha cifra moito máis baixa do habitual. Os mazaricos real e chiador, pola contra, están en cifras similares ó ano pasado, mentres que este ano o que aumentou a súa presenza de xeito destacable foi a píllara cincenta, que fluctúa moito dun ano para outro.

Lampareiros - Ostreros











Para finalizar con esta pequena análise dos datos resaltar, cómo non, a presenza das tres aguias pescadoras invernantes, repetindo así a cifra dos últimos catro anos. Unha especie que, por certo, cumpre 10 anos coma invernante no noso estuario. Tamén destacable a presenza este ano de mergullón real (Podiceps auritus) e de mergullón cristado (Podiceps cristatus), especies que chaman a atención na nosa ría.

Zona interna da ría

















Para unha próxima entrada deixo as fotos que tiven tempo de sacar estes días entre conteo e conteo.

Saúdos e ata a próxima.


Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
 



No hay comentarios:

Publicar un comentario