Páginas del blog Ría de Ribadeo

domingo, 25 de noviembre de 2012

Posible Podiceps auritus (mergullón real / zampullín cuellirrojo) en Ribadeo

Hoxe pasei un bo día de paxareo pola ría de Ribadeo. Estamos xa en plena época de invernada das aves no noso humidal, e calquer paseo depara sempre observacións interesantes. O prato forte da xornada foi a presenza do que penso era un exemplar de mergullón real (Podiceps auritus), que puiden observar durante moito tempo mergullándose nas inmediacións do Muro de Lamas. Estaba lonxísimos, e a penas lle puiden sacar unhas fotos que permiten adiviñar o seu perfil.

(Nota: Como se pode ver nos comentarios, esta observación está a xerar debate. Algúns pensan que pode ser, outros que non, polo que insisto en poñela como "posible").




Ademais desta observación, había máis cousas interesantes. Por exemplo, a nosa querida aguia pescadora (Pandion haliaetus) no seu pousadoiro habitual.

Aguia pescadora


No tesón das Figueiras 6 lampareiros (Haematopus ostralegus) descansaban xunto a unha morea de corvos mariños grandes (Phalacrocorax carbo), gaivotas patiamarelas (Larus michaellis), varios gaivotóns (Larus marinus), gaivotas escuras (Larus fuscus) e gaivotas choronas (Larus ridibundus). 

Polo Muro de Lamas, gran abundancia de mazaricos (Numenius spp.), garzotas (Egretta garzetta), garzas reais (Ardea cinerea), e varios mergullóns pequenos (Tachybaptus ruficollis). Sobrevoaba a zona unha tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus), e tamén vixiaba o que pasaba por alí un falcón peregrino (Falco peregrinus). 


Falcón peregrino

En canto ás anátidas, unha enorme cantidade de lavancos (Anas platyrhynchos), patos rabilongos (Anas acuta), asubiadores (Anas penelope) e cercetas (Anas creca).

Cercetas

Logo desta saída pola miña conta, uninme ó grupo que estaba a facer este fin de semana o curso da SEO de identificación de acuáticas. Fixemos unha saída en lancha pola ría. Pero iso déixoo para a próxima entrada.

Ría de Ribadeo





Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com



14 comentarios:

  1. Yo diría que acertaste con el Mergullon...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tu crees, ¿no? Me lo parecía, pero si dudo, mejor decirlo, por si acaso.
      Por cierto, la salida con vuestro grupo, fenomenal. E hicimos también unas cuantas observaciones interesantes. Mañana o pasado espero hacer una entrada en el blog con fotos de la salida.
      Un saludo.

      Eliminar
  2. Respuestas
    1. Gracias Pablo. A ver si sigue estos días por aquí e podes velo. Haberá que tar ó tanto.
      Vémonos.

      Eliminar
  3. Siempre los prismáticos cerca... saludos y buenas observaciones.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Por supuesto. Los prismáticos y la cámara fundamentales, por si aparece cualquier cosa.
      Saludos.

      Eliminar
  4. Unha pregunta tonta.....¿Qué tamaño tiña ese mergullón? Porque na foto a min paréceme ter proporcións de podiceps grande máis grande. E, polas cores, eu non desbotaría P.cristatus.

    A ver se publias algunha foto máis cercana agora que tes o maquinón.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non teño máis fotos, senon xa as tería publicado. Tamén eu dubido co mergullón cristado, pero a forma da fronte parecíame máis en pendente, e as cores, máis do real. O tamaño tamén me parecu máis pequeno. Pero claro que non se pode desbotar que sexa o cristado. Admítense apostas...
      Por certo, o maquinón aínda non o teño. De todas formas, estaba demasiado lonxe, estas saqueinas con digiscoping.
      Apertas.

      Eliminar
  5. Hola,
    Que gozada de ría, y de entorno que teneis por allí. La he visitado cuando he ido de viaje a Ribadeo, pero solo de pasada. Por cierto muy buena entrada anterior.
    Un saludo,Gonzalo Criado.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Gonzalo. Pues ya sabes, esto se merece otra visita con más calma para poder ver tranquilamente todo lo que ofrece.
      Un saludo.

      Eliminar
  6. Ola Enrique!

    Tras mirar ben a foto, e tomar nota do teu último comentario ao compañeiro Xabi Prieto, penso que o mergullón é un Podiceps auritus. Penso que o perfil da cabeza, o bico aparentemente pequeno, corte moi neto do branco e negruzco no pescozo e flancos e silueta xeral, compacta, apuntan a esta especie e non a P. cristatus ou P. nigricollis.

    Apertas!
    Damián

    ResponderEliminar
  7. Ola Damián. Gracias pola túa opinión. Parece logo que a cousa se vai decantando. Onte volvín sair a ver si o podía ver outra vez, pero non o localicei. Seguirei intentándoo.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  8. Hola Quique¡¡

    Para mi las proporciones de ese bicho son incompatibles con auritus/nigricollis. Yo apuesto firmemente por Podiceps cristatus (uno de los dos que hay ahora en ese tramo de la Ría)

    Apertas¡
    Pablo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Hola Pablo! Pues nada, otro voto para el somormujo. Muchas gracias por tu opinión, que es muy a tener en cuenta. Desde luego, la foto no ayuda nada. Es una pena.
      Apertas ;)

      Eliminar