Páginas del blog Ría de Ribadeo

miércoles, 4 de diciembre de 2013

Época de invernantes na ría (Parte II)



Continúo co relato das observacións realizadas durante a miña última saída pola ría de Ribadeo, que deixara a medias (ver anterior entrada).

Despois de Salías, dirixinme á Punta de Castropol, que foi o lugar desde onde observei a mobella ártica (Gavia artica) da que falei nas anteriores entradas. Estiven tamén mirando de localizar os pentumeiros que observara desde Salías na entrada da enseada da Lieira, para velos máis de cerca, pero non houbo sorte. O que si puiden ver foi un enorme bando de pilros, presumiblemente comúns (Calidris alpina). E digo presumiblemente porque sei que esta especie usa ese lugar normalmente, pero tampouco se pode asegurar que foran todos alpina porque estaban moi lonxe. En total eran uns 225 exemplares, que descansaban ó sol do outro lado da ría, na escolleira de Ribadeo.


Pilros comúns sobre as pedras da escolleira


Tras un rato sen observacións interesantes, dirixinme á zona sur do muelle de Castropol. Este é dos mellores lugares da ría para observar os mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis) que veñen invernar. E efectivamente, alí estaban.




Despois disto, pasei á beira galega da ría. Primeiro fixen unha breve parada na zona sur do Muro das Lamas, no desvío que vai a Lourido e Vilaosende, pero a marea estaba xa moi baixa e as aves quedaban moi lonxe. Así que logo fun directo ó observatorio de Reme, o mellor lugar da ría para observar anátidas nesta época do ano. E como non podía ser doutra forma, estaba repleto.




Como se pode apreciar nas fotos, estaba lavancos (Anas platyrhynchos), asubiadores (Anas penelope), rabilongos (Anas acuta), frisados (Anas strepera) e cercetas (Anas creca).




No propio Muro das Lamas, abundaban os mazaricos, gaivotas, corvos mariños, garzotas... Xa máis lonxe, na canle da ría, observei un solitario mergullón cristado (Podiceps cristatus).




E por último, outra especie que non falla desde este punto de observación, a aguia pescadora (Pandion haliaetus). Alí estaba a famosa "Panchita", no seu pousadoiro favorito.



Sabemos que este verán criou por primeira vez, no seu lugar de estío, os bosques de Orleans (Francia). E que despois disto, regresou por terceiro inverno consecutivo á ría de Ribadeo. E sabemos tamén que xa non é a única pescadora da ría, se non que o pasado ano compartiu estuario con outros exemplares da súa mesma especie. E parece que este ano pasará o mesmo, xa que mentres Panchita daba conta da súa pesca no seu pousadoiro, outra pescadora facía o propio uns centenares de metros máis alá, noutra estaca.

Á dereita, Panchita, e á esquerda o outro exemplar.


Con esta entrada remato esta serie delas nas que disfrutei de novo da miña querida ría. Volvo estar de novo lonxe dela, pero por pouco tempo, xa que si todo vai ben, pronto estarei alí outra vez para seguir gozando da súa riqueza ornitolóxica, que nesta época se multiplica notablemente.

Ría de Ribadeo


Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com



4 comentarios:

  1. Si, son Pilros comúns, Quique. Pero non deberías empregar o termo "enorme" para denominar ese bando. Nos tempos que corren temos moita información disponíbel sobre a avifauna invernante nas rías e, pódocho asegurar, non se trata en absoluto dunha cantidade relevante para Ribadeo. Eu poría "bando numeroso", se falamos con propiedade.
    Unha aperta
    PD: "Enorme" é, por exemplo, o horizonte infinito e a tremenda sensación que desfrutamos sempre ti e máis eu na meseta castelá.

    ResponderEliminar
  2. Por certo, na primeira foto m(que obviamente non contén todo o bando) eu "censei" 217 pilros (má o meno).

    ResponderEliminar
  3. Home Xabi, eu tamén teño os datos dos censos (moitos deles pasáchesmos ti, por certo), e sei que non é ningún record, sobre todo si miramos cifras de fai anos. Iso non quita para que poida decir que hoxe en día é un bando grande para a ría de Ribadeo. Ainda que claro que tampouco é extraordinario, e seino. Sen ir máis lonxe, o ano pasado censamos (Pablo García e máis eu) 275 exemplares. Pero por certo, esa cifra xa se considerou coma moi alta para o que viña sendo habitual na ría.
    En canto á foto, lóxicamente non aparece todo o bando nela. Si te fixas, á dereita vese que está cortado (sae un dos pilros pola metade). Había de fondo unha furgoneta bastante fea no peirao, e decidín que non saíra na foto : )
    Agradecido igualmente polo comentario, ainda que non compartamos a acepción de "enorme" neste caso (sí no da meseta castelá, aí sí que non hai dúbida).
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  4. Eu dicíao porque penso que cando falamos de rías coma Ribadeo ou Ortigueira este tipo de bandos de 200-300 aves son relativamente pequenos para o potencial da ría (e o que probablemente habería ata hai quince ou vinte anos). Eu sei que coma bon galego que és, tés unha tendencia innata á hipérbole, ja, ja, pero eu poñerçia "un bando numeroso", e listo.
    Porque imaxina que este ano entra unha vaga de frío e volvemos a ter invernada potente, con, por exmplo, 700 pilros en Ribadeo. Daquela estarías obrigado a poñer un termo maior..
    Bueno son debates filosófico-literarios entre un censador patolóxico e un "bibliotecomaníaco" (non podía saír nada bon daí, ja. ja)
    Un abrazo.

    ResponderEliminar