Páginas del blog Ría de Ribadeo

viernes, 18 de abril de 2014

Charca de Rinlo: Anas querquedula, Locustella naevia, etc.

De novo por Ribadeo, a miña primeira visita destes días foi a charca de Rinlo. Polas datas nas que estamos, xa metidos na época de paso posnupcial para moitas especies, esperaba atoparme cousas interesantes por este sorprendente humidal, xa toda unha referencia para ornitólogos e "rarólogos" galegos e asturianos. E a cousa non defraudou, xa que nada máis chegar puiden ver que había varios visitantes do máis interesante.

Gaivotas e lavancos

Entre gaivotas patiamarelas (Larus michahellis), lavancos (Anas platyrhynchos) e culleretes (Anas clypeata), destacaba a presenza dunha cerceta do estío ou cerceta albela (Anas querquedula), cerceta carretona en castelán.




Tamén chamaba a atención unha patuda (Himantopus himantopus), así coma dous biluricos patirrubios (Tringa totanus) e un pilro común (Calidris alpina).

Patuda

Bilurico patirrubio
Pirlo común

Gaivota patiamarela

Despois de repasar o que había na charca, achegueime ata o Penedo do Corvo, onde descansaba este nutrido grupo de corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis), entre os que había varios anelados.

 

 

 

Xa cando marchaba para outro lado, avisoume Pablo Miki García de que estaba a observar na zona, "a huevo", un exemplar de folosa manchada (Locustella naevia), buscarla pintoja en castelán. Precisamente fai pouco Xabier Prieto comentárame que nesta zona nosa había citas recentes, así que non sería difícil vela. Pois aquí está Xabi. Gracias a Pablo, temos a confirmación. Ademáis comentoume doutro lugar tamén pola zona na que a observou. Esta estaba en pleno postureo nupcial, así que a súa cría aquí podemos tamén confirmala.



Para rematar, unha observación menos glamurosa, pero non menos fermosa, como é esta lavandeira marela (Motacilla flava).





Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

2 comentarios:

  1. Ribadeo está dentro da área de distribución da Folosa, Quique, pero ollo que tamén pode ser un exemplar en paso. Se nuns días segue polo mesmo sitio "no hay tu tía". Controládeme esas folosas que a cousa está moi mal. Nunha entrada próxima xa vos contorei, pero igual volveu a pasar algo parecido ao de 2012 co niño de Tarza. Espero equivocarme...
    Por certo o pé de foto do "Pilro patirrubio" está mal.
    Unha aperta
    PD: Levo trinta anos vendo os cambios da nomenclatura para a avifauna galega. Eu emprego básicamente a de Miguel Conde, con algunha modificación. No caso de T.totanus, non entendo por qué non se pode chamar, simplemente, "Bilurico común". Porque o de "patirrubio", aparte de non ser moi científico, xa que o T.erytrhopus tenas bastante máis "rubias", pode levar a confusión coa outra especie.

    ResponderEliminar
  2. Estaremos atentos á folosa. En canto á nomenclatura, é a historia de sempre, os nomes son para chamarlle dunha forma común entre tódolos que falamos a mesma lingua (sexa galego, español ou a que sexa). Pero daí a que nos gusten ou que sexan como lle chamamos nós... Mira tamén cómo a SEO non fai máis que cambiar nomes en cada nova revisión da lista das aves de España. E nós aquí en Galicia, pois aínda peor, porque o nome pode cambiar xa non digo nin dunha comarca a outra, senon en ocasións dunha aldea a outra. Eu, cando sei o nome que se lle da en Ribadeo en galego a unha ave, é o que emprego. Pero por desgracia son poucos casos, así que tamén me baso na lista de Conde Teira así coma na Guía das Aves de Galicia, que ás veces difiren, e emprego un ou outro (ou os dous).
    Unha aperta Xabi.

    ResponderEliminar