Páginas del blog Ría de Ribadeo

lunes, 20 de julio de 2015

Costeando por Ribadeo

Comezo a meter algunhas entradas que tiña pendentes da miña última estancia en Ribadeo. Unha das primeiras cousas que fixen nada máis chegar, a comezos de xullo, foi sair pasear pola rasa costeira. Recén chegado dos calores abafantes que estamos a sufrir en Madrid este verán, poder disfrutar da brisa mariña e de temperaturas ata 20 graos máis baixas durante o día, foi todo un alivio para min. Xa por isto, xunto coa sempre reconfortante visión do mar, merecía a pena o paseo.


En canto ó ornitolóxico, o máis abundante nesas datas eran os mazcatos (Morus bassanus), xunto coa presenza habitual de corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis) e as tamén abundantes gaivotas patiamarelas (Larus michaellis).





Os mazcatos, como dicía, eran do máis abundante, pasando preto da costa en todas direccións. Malia iso non conseguín sacar ningunha foto boa, así que sirva esta meramente coma testemuña.




O que sí puiden fotografar mellor foi un miñato (Buteo buteo) que estaba moi concentrado cazando pequenos roedores neste prado recén segado.








E para rematar esta breve entrada sobre a costa de Ribadeo, déixovos esta entrañable escea dun niño de lagarteiro común (Falco tinnunculus). Sobre os niños non é bo dar demasiada información, polo que poida pasar, así que gardarei o segredo. Só direi que souben deste gracias a Iván Rodríguez Lombardero, amigo e guía das Xeorutas da praia das Catedrais. Outro día falarei aquí das Catedrais, por certo, xa que estiven recollendo información de primeira man para poder facer a miña propia valoración de cómo está a situación neste espazo emblemático cos recentes cambios que se implantaron este verán.




Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

2 comentarios:

  1. Hola Enrique.

    Mira tú, en esas fechas parecería que no habría mucho material y sin embargo pillaste muy bien al ratonero en acción y me dejas sin palabras con la última foto con los 5 pollos de cernícalo.

    Un abrazo,

    Rafa.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Siempre hay cosas que ver Rafa, ya lo sabes tú también. Y lo del nido de los cernícalos una pasada sí. Yo también me quedé encantado al verlo.
      Un abrazo

      Eliminar