Páginas del blog Ría de Ribadeo

domingo, 8 de enero de 2023

Comezando o ano pola ría

 



Qué mellor forma de comezar o ano que paseando pola ría para observar aves. O día de aninovo foi un día de moita choiva, pero os seguintes o tempo acompañou, así que foron boas xornadas para a observación. Entre as cousas máis destacadas que se podían ver nestes días era a presenza dunha avoceta (Recurvirostra avosetta), especie cada vez menos frecuente de ver no noso estuario. Eu particularmente levaba anos sen ver unha por aquí.


Outra das "rarezas" deste ano son cinco gansos de cara negra (Branta bernicla) que se moven no entorno do tesón da Berlinga.



Tamén destacable a presenza dun mergo cristado (Mergus serrator).


E aquí unhas especies típicas destas datas na Ría de Ribadeo, a mobella (Gavia immer).


Debido á gran cantidade de choiva caída entre os días 31 e 1 (máis de 75 l./m2) a ría presentaba a típica cor chocolate destes episodios de choiva, cando os ríos e regatos que desembocan na ría traen gran carga de sedimentos.


O día 3 atopeime con Serafín González, da SGHN, que estaba facendo o censo de aves invernantes para esta sociedade. Uninme a él e a Pilar, que o acompañaba, e xuntos percorrimos varios puntos da ría observando e censando especies. Aquí vai o listado de especies identificadas. As cifras de exemplares  déixoas para publicar máis adiante, cando recopile todos os datos que teño de varias saídas no mes de xaneiro.

Nombre científico Castellano Galego
Gavia immer Colimbo grande Mobella grande
Podiceps nigricollis Zampullín cuellinegro Mergullón de pescozo negr
Phalacrocorax carbo Cormorán Corvo mariño
Bubulcus ibis Garcilla bueyera Garza boieira - garza mediana
Egretta garzetta Garceta Garzota
Ardea cinerea Garza real Garza real
Platalea leucorodia Espátula Cullereiro
Branta bernicla Barnacla carinegra Ganso de cara negra
Mareca penelope Ánade silbón Asubiador - pato asubión
Mareca strepera Ánade friso Pato frisado
Anas crecca Cerceta Cerceta
Anas platyrhynchos Ánade real Lavanco
Anas acuta Ánade rabudo Pato rabilongo
Mergus serrator Serreta mediana Mergo cristado
Haematopus ostralegus Ostrero Lampareiro (galego local) - gabita
Recurvirostra avosetta Avoceta Avoceta
Charadrius hiaticula Chorlitejo grande Píllara real
Pluvialis squatarola Chorlito gris Píllara cincenta
Calidris alpina Correlimos común Pilro común - pilro curlibico
Limosa limosa Aguja colinegra Mazarico rabinegro
Numenius phaeopus Zarapito trinador Mazarico chiador
Numenius arquata Zarapito real Mazarico real
Tringa totanus Archibebe común Bilurico patirrubio - bilurico común
Tringa nebularia Archibebe claro Bilurico pativerde - bilurico claro
Actitis hypoleucos Andarríos chico Bilurico das rocha
Chroicocephalus ridibundus Gaviota reidora Gaivota chorona
Larus fuscus Gaviota sombría Gaivota escura
Larus michahellis Gaviota patiamarilla Gaivota patiamarela
Larus marinus Gavión atlántico Gaivotón
Alcedo atthis Martín pescador Picapeixe
Circus aeruginosus Aguilucho lagunero Tartaraña das xunqueiras
Buteo buteo Ratonero Miñato
Pandion haliaetus Águila pescadora Aguia pescadora








Saudos e ata a próxima.

 

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons

Enrique Sampedro Miranda

Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario