Levamos uns meses nas que as observacións de exemplares de “morito” (ou mazarico mouro) estanse a multiplicar por todo o norte peninsular. Son moitos os colegas que teñen colgado xa nos seus blogs fotos destas fermosas aves, e eu levaba un tempo detrás delas, posto que se levan citando pola nosa comarca fai xa máis dun mes (citas de Pablo García e de Pablo Fernández). Polo de agora todos os meus intentos de localizaros foran en balde, pero por fin hoxe conseguín atopalos e sacarlles algunhas fotos a certa distancia. Había estos 6 exemplares nun prado en Barres (Castropol).
Moritos / plegadis falcinellus / mazaricos mouros |
Esta especie é pouco común nestas latitudes, e na península abunda máis polo sur, tendo en Doñana un dos seus principais enclaves. Estase a falar que a gran cantidade de observacións nestas últimas datas pode deberse á seca, o que faría que varios grupos se teñan desplazado máis ó norte. Sexa cal sexa a explicación, o que está claro é que é algo extraordinario a abundancia de exemplares que se teñen localizado nestes últimos meses por todo o Cantábrico.
Moritos |
Moritos |
Despois de localizados os moritos, achegueime a ver o que se movía pola ría. O máis interesante, 4 cullereiros, varios carráns cristados facendo os seus espectaculares picados para pescar, 18 biluricos pativerdes, 6 píllaras cincentas, 2 biluricos bailóns e 6 pilros comúns.
Lavancos na ría de Ribadeo |
Bilurico bailón |
Bilurico bailón |
Corvos mariños |
Píllaras cincentas |
Biluricos claros |
Listado de especies do día:
morito / plegadis falcinellus / mazarico mouro
espátula / platalea leucorodia / cullereiro
garceta / egretta garzetta / garzota
zarapito trinador / numenius phaeopus / mazarico chiador
archibebe claro / tringa nebularia / bilurico pativerde - bilurico claro
correlimos común / calidris alpina / pilro común - pilro curlibico
andarríos chico / actitis hypoleucos / bilurico das rochas - bilurico bailón
chorlito gris / pluvialis squatarola / píllara cincenta
ánade real / anas platyrhynchos / lavanco
gaviota reidora / larus ridibundus / gaivota chorona
gaviota sombría / larus fuscus / gaivota escura
gaviota patiamarilla / larus michahellis / gaivota patiamarela
charrán patinegro / sterna sandvicensis / carrán cristado
Imágenes y texto propiedad de:
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com
Hola!!
ResponderEliminarEste año nos han "invadido" afortundamente los moritos... Son unas aves muy guapas y vistas de cerca más aún.
Me alegro de que hayas podido verlos.
un saludo!!!
Parabéns Enrique polas fotos dos "mouriños".
ResponderEliminarNa derradeira foto, as aves que aparecen penso que son biluricos claros (Tringa nebularia).
Saúde,
Damián
Opá Quique. Aínda que a foto non é demasiado nítida, eu coincido con Damián. Son Biluricos claros.
ResponderEliminarUnha aperta
Gracias Xuan polo comentario. A verdade é que é un gustazo poder disfrutar de aves tan fermosas por aquí.
ResponderEliminarE gracias tamén pola corrección Damián e Xabi. Ainda que a foto é bastante mala, sí que se aprecia claramente que son biluricos, non pilros. Xa está enmendado o erro.
Saúdos.