Páginas del blog Ría de Ribadeo

sábado, 1 de septiembre de 2018

Aguias pescadoras na ría, e pouco máis


Este verán non saín moito a paxarear por Ribadeo, pero así e todo, algunha visita pola costa e pola ría sí que fixen. Estas fotos son dunha mañá de finais de agosto con moita néboa, como acontece a miúdo nesta época na Mariña de Lugo, cando os ventos están calmos e a humidade se condensa na costa. Comecei botando unha ollada por Rinlo, onde a charca da piscifactoría está baixo mínimos. Apenas unha garza real (Ardea cinerea) nun prado colindante, e pouco máis. 




 
Así que me acheguei logo ata Piñeira, á Punta do Corvo. Por alí se movían coma sempre as gaivotas e os corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis). 




 
E visto o tranquila que estaba a cousa na costa, dalí fun para a ría, xa que uns días antes Carlos Sanjurjo avisárame de que as aguias pescadoras xa estaban aquí. Primeiro pasei pola enseada da Lieira, onde había tamén pouco que ver: lavancos (Anas plathyrynchos), garzas reais (Ardea cinerea), garzotas (Egretta Garzetta), corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo), gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus), gaivota patiamarela (Larus michahellis) e gaivota escura (Larus fuscus). 




 
No tesón, ademáis de gaivotas e corvos mariños, había tamén dous lampareiros (Haematopus ostralegus). 




 
E por último, no Muro de Lamas, estaba unha das pescadoras (Pandion haliaetus). Deduzo que sería Virgilia, porque se trata do seu pousadoiro favorito. Por alí andaban tamén un grupo duns 30 mazaricos (Numenius arquata). 




 
Haberá que agardar aínda unhas cantas semanas para que a ría comece a mostrar máis movemento. 

Saúdos e ata a próxima. 

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario