Páginas del blog Ría de Ribadeo

miércoles, 2 de febrero de 2022

Actualización invernada Ría de Ribadeo

Como complemento á entrada anterior, na que publicaba os datos do meu censo de aves invernantes na ría (ver entrada), quería engadir algunhas especies ó listado, que faltaban, e observei en datas posteriores. Engadirei tamén estas citas nos datos do propio censo.

 


Comezo por unha das especies que mais botara de menos en todo o inverno na ría, xa que non conseguira ver ningunha, unha mobella grande (colimbo grande / Gavia immer). Pero por fin o día 1 de febreiro logrei ver a primeira, moi preto do dique norte do porto deportivo (fronte ó Restaurante San Miguel).

 



Tamén engado as píllaras cincentas (chorlito gris / Pluvialis squatarola), que xa observara no mes de decembro, pero non nas datas do censo. O día 29 de xaneiro contei 17.



E por último, actualizo o dato dos mergullóns de pescozo negro (zampullín cuellinegro / Podiceps nigricollis) xa que o día 1 de febreiro contei 12.

Polo momento, a invernada continúa, e continúa o groso das aves citadas no censo. Así, seguen os 5 mergos cristados (serreta mediana / Mergus serratus), as dúas aguias pescadoras (águila pescadora / Pandion haliaetus), as anátidas, incluído o pentumeiro (negrón / Melanitta nigra), os mazaricos negros (morito / Plegadis falcinellus), os cullereiros (espátula / Platalea leucorodia), as límícolas...









Por certo, as fotos reflexan perfectamente a anomalía climática que estamos a vivir, cun potente anticiclón que leva varias semanas sobre a península, o que fai que tamén aquí os días de sol se sucedan un tras outro. E así levamos xa case 20 días. Se non o vexo non o creo...



Saúdos e ata a próxima.

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons

Enrique Sampedro Miranda

Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

2 comentarios:

  1. Donde es la séptima foto?

    ResponderEliminar
  2. Hola. Estaré encantado de responderte, pero me gustaría saber a quién me dirijo. Gracias

    ResponderEliminar