Fai un par de semanas estiven dando un paseo pola costa de Ribadeo, desde o faro da Illa Pancha ata Rinlo. Foi unha mañá primaveral, coas típicas nubes baixas costeiras a primeiras horas, pero que pouco a pouco se foron disipando ata quedar un día solleiro, con vento moderado do nordés.
Por Vilaselán e Piñeira, centreime en observar aves "terrestres". Os paxaros nesta época están hiperactivos. As labores de reproducción e cría ocupan tódolos seus esforzos.
Ó chegar a Rinlo, o primeiro que fixen foi botar unha ollada pola charca da fallida piscifactoría. Ademáis de lavancos e gaivotas, o máis destacado era a presenza de dous mazaricos negros.
Logo aposteime nos cantís, preto da Pena Corveira, para observar aves mariñas. Por diante de min pasaron mazcatos, carráns, pardelas, corvos mariños, e diversas especies de limícolas.
Aquí deixo o listado completo de aves identificadas:
| Castellano / Nombre científico / Galego |
| Ánade real / Anas platyrhynchos / Lavanco |
| Ánade azulón / Anas platyrhynchos / Lavanco |
| Alcatraz / Morus bassanus / Mascato |
| Cormorán moñudo / Phalacrocorax aristotelis / Corvo mariño cristado |
| Garza real / Ardea cinerea / Garza real |
| Morito / Plegadis falcinellus / Mazarico mouro |
| Ratonero / Buteo buteo / Miñato |
| Cernícalo / Falco tinnunculus / Lagarteiro |
| Gallineta / Gallinula chloropus / Galiñola |
| Chorlitejo grande / Charadrius hiaticula / Píllara real |
| Chorlito gris / Pluvialis squatarola / Píllara cincenta |
| Correlimos tridáctilo / Calidris alba / Pilro tridáctil |
| Correlimos común / Calidris alpina / Pilro comú |
| Zarapito sp / Numenius sp / Mazarico sp. |
| Archibebe común / Tringa totanus / Bilurico patirrubio |
| Vuelvepiedras / Arenaria interpres / Virapedra |
| Pardela balear / Puffinus mauretanicus / Pardela balear |
| Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela |
| Charrán patinegro / Thalasseus sandvicensis / Carrán cristado |
| Paloma Torcaz / Columba palumbus / Pombo torcaz |
| Tórtola turca / Streptopelia decaocto / Tórtora turca |
| Tórtola europea / Streptopelia turtur / Rula |
| Vencejo / Apus apus / Cirrio |
| Cogujada / Galerida cristata / Cotovía cristada |
| Golondrina / Hirundo rustica / Anduriña |
| Lavandera boyera / Motacilla flava / Lavandeira marela |
| Lavandera blanca / Motacilla alba / Lavandeira branca |
| Acentor / Prunella modularis / Azulenta |
| Petirrojo / Erithacus rubecula / Paporrubio |
| Colirrojo tizón / Phoenicurus ochruros / Rabirrubio |
| Tarabilla / Saxicola rubicola / Chasco |
| Mirlo / Turdus merula / Merlo |
| Zorzal / Turdus philomelos / Tordo |
| Buitrón / Cisticola juncidis / Carriza dos xuncos |
| Urraca / Pica pica / Pega |
| Corneja / Corvus corone / Corvo pequeno |
| Estornino negro / Sturnus unicolor / Estorniño negro |
| Gorrión / Passer domesticus / Pardal |
| Verdecillo / Serinus serinus / Xirín |
| Verderón / Chloris chloris / Verderolo |
| Jilguero / Carduelis carduelis / Xílgaro |
| Pardillo / Linaria cannabina / Liñaceiro |
| Escribano triguero / Emberiza calandra / Trigueiro - trigueirón |
Saúdos e ata a próxima
Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
Boas Quique, fermosas fotos, sempre é un gusto voltar a casa. Unha aperta
ResponderEliminarOla Adrián! Home, volver á terra sempre é especial. E se temos unha terra coma a nosa, aínda mais ; )
ResponderEliminarAcabo de responderche a un mail que me mandaras fai tempo, e que a túa mensaxe de hoxe me fixo recordar.
Tamén aproveito para deixar aquí o link da web de Thais, como recomendación a que se pasen por alí os lectores do blog (que por sorte, sei que son moitos mais dos que se animan a comentar...).
http://www.thaiseineberholm.es/
Apertas para as Figueiras!
Boas Quique! GRACIAS pola publicidade, ornitoloxía e proxección cultural :) pondreime co we transfer a seleccionar grabacións (algún vídeo meu de domingueiro manipulando a cámara seguro que se me colou hehe).
ResponderEliminarUnha aperta.
Pd: Agora que se achega o día do orgullo LGTBI "Llámame Rose" é un libro pra regalar con valentía ou pra leer na biblioteca. Está mal que eu o diga pola parte que me toca, pero non se pode retroceder en dereitos a pesar dos "soldados de Deus".
Apertas de toda a familia :)