Páginas del blog Ría de Ribadeo

sábado, 17 de diciembre de 2022

Invernada na ría


 

De volta por Ribadeo, non podía deixar de sair pola ría para ver como vai a invernada no noso estuario. Deixo a relación das especies que observei na tarde do sábado 10 de decembro, con algunhas cifras.



Castellano / Nombre científico / Galego
347 - Ánade silbón / Mareca penelope / Asubiador
15 - Ánade friso / Mareca strepera / Pato frisado
70 - Cerceta / Anas crecca / Cerceta
400 - Ánade real / Anas platyrhynchos / Lavanco
*80 - Ánade rabudo / Anas acuta / Pato rabilongo
1 - Negrón / Melanitta nigra / Pentumeiro
3 - Colimbo grande / Gavia immer / Mobella grande
30 - Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño
5 - Garcilla bueyera / Bubulcus ibis / Garza boieira
14 - Garceta / Egretta garzetta / Garzota
42 - Garza real / Ardea cinerea / Garza real
46 - Espátula / Platalea leucorodia / Cullereiro
2-3? - Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora
16 - Correlimos común / Calidris alpina / Pilro común
x - Zarapito real / Numenius arquata / Mazarico real
x - Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerde
3 - Andarríos chico / Actitis hypoleucos / Bilurico das rochas
x - Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus / Gaivota chorona
x - Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota escura
x - Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela
2 - Gavión atlántico / Larus marinus / Gaivotón
1 - Charrán patinegro / Thalasseus sandvicensis / Carrán cristado
2 - Martín pescador / Alcedo atthis / Picapeixe 

*Só puiden ver unha parte do grupo, e estaban na beira oposta da ría, a moita distancia. Haberá mais.



 

Foi unha volta rápida pola ría na que estou seguro de que se me escaparon especies que non aparecen no listado, e que son habituais no inverno na ría. Falo por exemplo de mergullóns de pescozo negro, mazaricos chiadores, biluricos comúns, píllaras ou lampareiros. A ver si para a próxima saída hai mais sorte con elas. 

Pola contra, especies coma os cullereiros seguen incrementando as súas cifras ano tras ano na ría. Desta volta as 46 que contei sería un novo record de exemplares invernantes. Superaría con creces o record de 31 exemplares do ano pasado.

Entre as pescadoras, cómo non, volve estar a nosa querida Panchita. Trátase da súa invernada número 12 na ría.








 

Saúdos e ata a próxima.

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons

Enrique Sampedro Miranda

Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

4 comentarios:

  1. En el mes de noviembre e visto tres gansos

    ResponderEliminar
  2. Boas Quique! Qué tal vai todo? A ver este vindeiro ano que tal os mazaricos negros... (as veces vexo mazaricos hehe) no que agora discurre cheguei a contar 144 no prado gandeiro que temos ao norte da casa, é verdade que foi ese pico de exemplares e a seguinte semana xa desapareceran. Esperemos que este inverno veña con sorpresas agradables.
    Bo Nadal!
    Unha aperta.
    Adrián S.B.
    PD espero que poideses velos vídeos. :)

    ResponderEliminar
  3. Ola Adrián! Así me gusta, ti mantenme informado de cómo vai a poboación invernante de mazaricos negros, he, he. Estes días sairei pola ría de novo para ver cómo vai a cousa.
    Teño pendente velos videos que me mandaches (e que nin che respondin, xa me perdoarás...).
    Apertas e felices festas!

    ResponderEliminar