Páginas del blog Ría de Ribadeo

domingo, 7 de noviembre de 2010

A charca de Rinlo

Nunha anterior entrada falaba sobre a charca artificial que se formou en Rinlo no lugar onde se ía instalar unha polémica piscifactoría. Como xa comentei, as obras están paralizadas desde fai tempo. Só se chegou a facer a excavación e os primeiros movementos de terra onde se ían situar as instalacións. Pero debido á natureza impermeable dos materiais do terreo, a acumulación de augas pluviais deu lugar ó nacemento dun novo e pequeno humidal que é aproveitado polas aves como lugar de parada nas súas migracións. De feito, neste curioso enclave lévanse xa identificadas unhas cantas rarezas (http://ria-de-ribadeo.blogspot.com/2010/09/rarezas.html)
Colgo algunhas fotos do lugar e aproveito para dar conta das poucas aves que había este día (1 de novembro): un grupo de lavancos (anas plathyrinchos - ánade real) e unha avefría (vanellus vanellus).
O que sí destacaba era o espectacular paso postnupcial de mascatos (morus bassanus - alcatraz), que debido ó temporal, pasaban en grandes bandos moi perto da costa, podéndose ver a simple vista. En a penas 20 minutos puiden contar más dun cento de exemplares. Tamén os negróns (melanitta nigra) se vían moi perto da costa. E por último comentar a presenza nun prado cercano dun peto verde (picus viridis - pito real).
Charca de Rinlo

Avefría

Lavancos


Grupo de mascatos



Cantís de Rinlo





No hay comentarios:

Publicar un comentario