Como contaba na anterior entrada, estas datas son especialmente boas
para a observación de aves na ría de Ribadeo, posto que nos atopamos en
plena época de paso, na que as aves migratorias pasan pola nosa costa na
súa viaxe entre os lugares de cría e os de invernada. Por iso, son
moitas e moi variadas as especies que se poden ver alimentándose ou
descansando no interior da ría. Aproveitando esta situación, o pasado
mércores puiden sacar unha morea de fotos especialmente ás limícolas que
se congregan na preamar no Muro de Lamas, un dos mellores lugares da
ría para observar estas especies.
|
Mazaricos reais (numenius arquata), biluricos pativerdes (tringa nebularia) e gaivotas choronas (larus ridibundus). |
Desde as dúas clases comúns de mazaricos, o real e o chiador, pasando
por biluricos, pilros ou píllaras, centos de limícolas ocupaban esa zona
intermareal. Velaquí unhas cantas fotos das diferentes especies.
|
Mazaricos reais / numenius arquata / zarapitos reales e mazaricho chiador / numenius phaeopus / zarapito trinador (dereita) |
|
Mazarico chiador / numenius phaeopus / zarapito trinador |
|
Bilurico pativerde / tringa nebularia / archibebe claro e Bilurico común / tringa totanus / archibebe común |
|
Píllara real / charadrius hiaticula / chorlitejo grande |
|
Píllaras reais e pilros comúns / calidris alpina / correlimos común |
|
Pilros comúns / calidris alpina / correlimos común |
|
Píllara real entre os pilros |
|
Píllara, pilros e garzota (egretta garzetta) |
|
Mazaricos / numenius spp / zarapitos |
Tamén había algunha especie menos común, como este combatente xuvenil
que non tiña a certeza de que o fora (graciñas a Xabi Prieto e Cosme
Damián pola axuda).
|
Combatente / phylomachus pugnax / combatiente, abaixo á esquerda, entre biluricos comúns e pativerdes. |
|
O mesmo exemplar, mais á dereita. |
Pasei unha boa tarde observando e fotografando as limícolas no Muro de
Lamas, disfrutando tamén no mesmo lugar doutras especies como garzotas
(egretta garzetta) ou os lances dun martín pescador (alcedo atthis).
|
A zona do Muro de Lamas, no interior da ría. |
Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
En un paseo como ese conseguiría ver más limícolas de los que he visto en toda mi vida. No, los limícolas no son lo mío, pero por falta de oportunidad.
ResponderEliminarSaludos.
Pues cuando quieras venir a mi tierra a poder verlos, estás invitado Jesús. En cualquier ocasión de las que vengo desde Madrid, te puedes venir conmigo a pasar un fin de semana, y con mucho gusto te hago de guía.
ResponderEliminarUn saludo.