Cando o pasado 14 de marzo entraba en vigor o Estado de Alarma decretado polo Goberno para facer fronte á tremenda crise provocada polo COVID-19, ninguén se podía imaxinar o que nos quedaba por vivir. Durante semanas, a enfermidade estendeuse sen freo, e as mortes multiplicáronse por milleiros. Non en tódolos sitios houbo o mesmo perigo, e seguramente o xeito de vivilo foi tamén diferente. Pero asegúrovos que os que estamos en Madrid vivimos algo tremendo, con medo de saír á rúa e poder contaxiarnos e traer a desgraza ás nosas familias. Por iso, durante a etapa máis dura do confinamento, as saídas da casa reducíanse ó mínimo imprescindible. No noso caso, era eu o que tiña o contacto co mundo exterior, limitándome a unha saída semanal para facer a compra (protexido o mellor posible) e baixar o lixo cando xa non era posible gardalo máis tempo na casa.
|
Parque Nacional de Ordesa y Monte Perdido
|
Por sorte, co paso das semanas, as
medidas de confinamento foron dando resultados, e a mortandade e número
de contaxios foi baixando, reducíndose tamén as estrictas medidas de
confinamento. Aínda con todo, na comunidade de Madrid estes avances
foron máis lentos que noutras comunidades, como era lóxico. Pero por fin
mañá día 8 de xuño a comunidade entra en Fase 2. Para mín isto supón,
sobre todo, que poderei coller o coche e desprazarme a calquer espazo
natural dentro da comunidade.
|
Parque Nacional Tablas de Daimiel (Ciudad Real)
|
Foron
en total 85 días sen poder saír do meu municipio de residencia, Getafe,
e sen poder gozar de ningún espazo natural, máis alá de
parques ou zonas verdes urbanas. Durante estes case tres meses, fun
colgando en Facebook e Twiter una foto por cada día de confinamento, a
modo de calendario. Fotos deses espazos naturais que tanto botei de
menos nestas semanas, e que me servían como lembranza da liberdade
perdida. E precisamente por iso chamei así a esta serie de fotografías,
"Lembranzas de liberdade". Pero hoxe esta serie chegou ó seu fin,
colgando a derradeira foto, a número 85.
|
Parque Nacional de Monfragüe (Cáceres)
|
Como dicía, todas estas fotos funas colgando nas redes sociais. Pero quería que quedasen tamén no blog, coma recordo desta dura etapa que nos tocou vivir. Así que aquí van todas, as 85 fotos da serie "Lembranzas de liberdade", recollidas nesta única entrada do blog. As primeiras por riba destas liñas, e as restantes a continuación.
|
Parque Nacional Tablas de Daimiel
|
|
Mar Rojo e Isla de Tirán (Arabia Saudí)
|
|
Laguna Grande y Circo Glaciar de Gredos (Ávila)
|
|
Mar Caribe e manglares de Cayo Blanco (Cuba)
|
|
Cañón de Añisclo (Parque Nacional de Ordesa y Monte Perdido)
|
|
Ría de Ribadeo
|
|
Valle del Lozoya (Madrid)
|
|
Atardecer en la estepa cerealista. La Moraña (Ávila)
|
|
Monumento Natural da Praia das Catedrais (Ribadeo)
|
|
Castañar de Las Rozas de Puerto Real (Madrid)
|
|
Ría de Ribadeo
|
|
Océano Índico (Isla Mauricio)
|
|
Estaca de Bares (A Coruña)
|
|
Fervenza do río Lexoso (Ribadeo)
|
|
Campos de Aldeaseca (Ávila) y Sierra de Guadarrama
|
|
Río Bellós (Cañón de Añisclo - Huesca)
|
|
Río Borosa - Parque Natural de las Sierras de Cazorla, Segura y las Villas (Jaén)
|
|
Parque Natural del Cañon del Río Lobos (Soria)
|
|
Paraje del Salto del Gitano (Parque Nacional de Monfragüe)
|
|
Cascada de Mazobre - Parque Natural de Fuentes Carrionas (Palencia)
|
|
Parque Natural del Delta del Ebro (Tarragona)
|
|
Peñalara, 2.428 m. (pico más alto de la Comunidad de Madrid). Parque Nacional de la Sierra de Guadarrama. |
|
Ría de Ribadeo
|
|
Pico del Lobo, 2.274 m. (pico más alto de Castilla-La Mancha). Parque Natural de la Sierra Norte de Guadalajara |
|
Sierra de la Culebra (Zamora).
|
|
Mustallar (Os Ancares). Pico máis alto da provincia de Lugo.
|
|
Arroyo del Chorro de Navalucillos (Toledo). Parque Nacional de Cabañeros. |
|
Parque Natural de la Sierra de Cazorla, Segura y las Villas.
|
|
Parque Natural de las Fuentes del Narcea, Degaña e Ibias (Asturias). Tierra de osos. |
|
Bosque de la Herrería (San Lorenzo del Escorial) |
|
Salburúa (Vitoria). Humedal Ramsar de importancia internacional. |
|
Sierra de Ayllón (Guadalajara)
|
|
Monte de Batres (Madrid)
|
|
Aldeaseca (Ávila)
|
|
Reserva Natural de las Lagunas de Puebla de Beleña (Guadalajara). |
|
Laguna de Navaseca (Daimiel - Ciudad Real)
|
|
Sierra de Guadarrama (Madrid)
|
|
Hoces del Río Piedra (Zaragoza)
|
|
Humedales de Salburúa (Vitoria)
|
|
Desierto del Sinaí (Egipto)
|
|
Río Tajo en el Parque Nacional de Monfragüe
|
|
Lago Enol - Lagos de Covadonga. Parque Nacional de los Picos de Europa. |
|
Ría de Ribadeo
|
Saúdos e ata a próxima.
Imaxes e texto baixo licenza Creative CommonsEnrique Sampedro Miranda Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
Os recordos sempre quedarán na memoria. E no teu caso estas fotografías son unha pegada das túas vivencias na natureza, pegadas que de seguro forxarán un futuro e que marcarán un camiño para os que veñen tras de ti. "Observar e preservar" unha fórmula máxica difundida sempre neste blog, na propia maxia das imaxes. Preciosas lembranzas.
ResponderEliminarGracias Carmen. Pois nalgúns deses sitios estabas ti comigo... :)
ResponderEliminar