Páginas del blog Ría de Ribadeo

martes, 22 de febrero de 2011

Polémica pola captura da águia pescadora

Os habituais deste blog xa estades ó tanto da polémica que se abriu coa captura da águia pescadora (pandion haliaetus) invernante na Ría de Ribadeo. En diversos foros vertéronse opinións sobre a necesidade da súa captura e marcaxe, e sobre cómo se fixo.

Esta é a nova que se recolle hoxe na Voz de Galicia sobre este asunto, que vai un paso máis alá:


Imágenes y texto propiedad de:
Enrique Sampedro Miranda
Blog "Ría de Ribadeo": http://ria-de-ribadeo.blogspot.com/

2 comentarios:

  1. Olá, Quique. Sabes que eu fun bastante prudente e diplomático en todo este asunto. Pero a estas alturas, logo de todo o que se falou, quero pedirche que sexas un pouco máis belixerante, e que abandones a túa "neutralidade" inicial, produto quizá da inocencia e da inxenuidade. Quizá sexa o momento de chamarlle ás cousas polo seu nome neste bloge e deixar as ambiguidades. Porque no asunto do Fapas-Ence e a pescadora non podemos andar con medias tintas. Está todo xa moi, moi claro. Se este é o bloge dun naturalista responsábel (cousa que non dubido, porque te coñecín persoalmente) debera estar un pouco máis comprometido con este tema..
    Unha aperta.
    Xabi

    ResponderEliminar
  2. Hola Xabi. Creo que xa expuxen claramente a miña postura no tocante ó asunto da pescadora, pero non teño inconvinte en volver a repetilo. Non me parece mal anelar unha águia e porlle un transmisor, como se fai en infinidade de proxectos que todos coñecemos e aprobamos. Neste mesmo blog publiquei outras veces posts sobre a colonia de corvos mariños cristados que hai perto da ría e que tamén se capturaron para anelalos e poder facerlles un seguimento científico; sobre as rapaces marcadas do refuxio das Hoces do Riaza (co apoio expreso do recoñecido defensor dese espazo, o Dr. Fidel José Fernández); sobre as espátulas aneladas en holanda que chegan á Ría de Ribadeo e grazas a iso podemos facerlles un seguemento e estudalas e axudar a protexer a especie; etc. Prácticamente todas as organizacións conservacionistas e ecoloxistas participan neste tipo de proxectos. Considero que son programas positivos, e non creo que haxa demasiado debate nisto.
    Agora ben, como tamén dixen xa, está claro que as críticas á marcaxe desta águia en concreto veñen por ser o FAPAS quen leva o programa. Quedou claro que moita xente critica a súa labor, igual que outra moita xente a defende e a recoñece. O que queira pode acceder ós argumentos das dúas partes moi facilmente. Eu nin pretendo, nin considero importante a miña opinión, nin quero, xulgar o papel dunha ONG tan grande e con tantos proxectos de todo tipo. Por iso neste punto pretendo ser tan obxetivo como podo e limítome a expoñer a información tal e como a recollo, para que cada un xulgue según crea. Polo momento non serei eu quen os critique nin quen os defenda. Cando vexa a evolución, consecuencias, etc., deste proxecto en concreto, opinarei.
    No referente a ENCE e ós eucalpitos, xa expuxen tamén claramente a miña postura, na que creo que a maioría coincidimos.
    E por último, tampouco me gusta o apoio deste tipo de empresas a programas ambientais, posto que considero que son lavados de imaxe fáciles e hipócritas. Penso que a RSC é unha ferramenta máis de marketing para as grandes empresas.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar