Traio algunhas fotos máis da pescadora invernante na ría localizada recentemente en Francia. Enviáronmas amablemente o autor das mesmas, Gilles Perrodin, e Rolf Wahl, ornitólogos franceses que están a seguir a poboación desta especie na zona.
Sobrevoando un niño situado enriba dun piñeiro, o 3/05/2012. Fotografía: Guilles Perrodin |
Como xa contei na anterior entrada, a identificación do animal foi posible grazas ás anelas que leva. Nesta fotografía pode apreciarse a anela amarela da pata dereita (marcada co número 82), e a anela de metal que leva na pata esquerda. Segundo me contan Wahl e Perrodin, as fotos foron feitas desde moita distancia e con malas condicións de luz, pero grazas ó tratamento das mesmas, conséguense ler.
Anela amarela co número 82. Fotografía: Gilles Perrodin. |
Parece ser que a nosa femia, un exemplar de dous anos de idade, estaba competindo con outra femia tamén anelada, de 5 anos de idade. Esta última estaba a ser cortexada por un macho, que polo seu comportamento reproductivo semella ser xove. O macho, cando pesca, non entrega as capturas á femia, senon que se come el mesmo os peixes case completamente, deixando no niño só as colas.
Femia 82 (a nosa veciña) acosada por outro exemplar. Fotografía: Gilles Perrodin. |
O macho intentou en varias ocasións realizar a cópula, pero a femia non colleu a posición correcta para recibir contacto. Semella que a femia está a agardar no niño para recibir outro macho máis maduro. E resulta curioso cómo nalgunha ocasión a Femia 82 ocupou tamén o mesmo niño, sen que chegase a haber unha disputa seria entre ambas femias.
82 ocupando o niño, 3/05/2012. Fotografía: Gilles Perrodin. |
82 sobre o niño, 1/05/2012. Fotografía: Gilles Perrodin. |
Quero agradecer o envío de toda esta información e fotografías a Gilles Perrodin e Rolf Wahl, e recomendo visitar as súas páxinas para coñecer máis a fondo os programas de seguemento de águias pescadoras que están a realizar alí:
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com
Ayer, no la vimos en Monfragüe :oP.
ResponderEliminarPues no, pero vimos muchas cosas interesantes, como siempre que se va a Monfragüe, ¿verdad? Y gracias por darnos la referencia de dónde estaban los búhos, que nos ahorraste el tener que estar peinando la pared. Fue un placer conocerte, y espero que coincidamos más veces en este u otro lugar.
ResponderEliminarUn saludo.
Si me pasas tu correo electrónico, te envío el listado de lo que hice este finde en Monfragüe.
ResponderEliminarClaro que si. Te he escrito a tu direccion de gmail, que la he encontrado en tu blog.
ResponderEliminar