Páginas del blog Ría de Ribadeo

viernes, 25 de mayo de 2012

Diario da pescadora

Nun modesto guiño ó título dese gran documental da BBC, "Diario dos grandes felinos", traio a continuación informacións sobre os últimos movementos da águia pescadora en Francia. Rolf Wahl e Gilles Perrodin continúan a enviar novas puntualmente sobre o animal (anela nº 82), pero por falta de tempo non puiden colgala antes no blog. Así que aquí vai un resumo, a modo de diario, dos seus últimos avistamentos.

11 de maio
Perrodin obsérvaa na súa pola favorita, perto do niño, mentres que un macho estaba perchado nel. A82 estaba a pedir ser alimentada, pero o macho non reaccionou, aínda que sí comezou a levar polas ó niño. Non obstante, parece que 82 estivera pescando para ela mesma previamente.

11/05/2012. A82 (esquerda) e o macho xove non anelado (dereita). Foto: Gilles Perrodin

19 de maio
Perrodin volve fotografala na percha do niño 106. Non consegue ver ó macho, e parece que A82 continúa a alimentarse por sí mesma.
Según Rolf Wahl, o niño non é óptimo. Na súa opinión, os encargados de montar estes niños artificiais, deixan sempre polas tapando a estructura do niño por enriba, probablemente coa intención de camuflalos. Pero precisamente isto, na súa opinión, impide que tanto os adultos coma os polos teñan unha visión clara do que ocorre ó seu redor, motivo polo cal prefiren non ocupar niños con estas características.

19/05/2012. A82. Foto: Gilles Perrodin.

22 de maio
Perrodín desplázase pola maña observalo niño 106, e ó pouco aparece A82 e sitúase na percha. Momentos máis tarde logra localizar tamén o macho xove (non anelado) do que falamos en anteriores entradas. Estaba nunha pola próxima ó niño, e cun peixe entre as garras, e Gilles puido ver cómo posteriormente llo entregaba á nosa femia, que collía a captura e a levaba para outro lado a dar boa conta dela. Así pois, a situación desta parella pega un xiro respecto ó que sabíamos ata agora, e parece que vai polo bo camiño.

22/05/2012. A82 comendo o peixe. Foto: Gilles Perrodin.


23 de maio
Durante algo máis dunha hora, Gilles Perrodín fai o seguemento do niño 106, localizando a A82 na súa percha. Emite de vez en cando reclamos, pero moi tímidos, e Gilles durante este rato non consegue ver ó macho. Ainda que seguro que anda por alí, despois do vivido o día anterior.

23/05/2012. A82. Gilles Perrodin.



Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario