A invernada de aves está chegando ó seu final. De feito, moitas das invernantes da ría xa se foron ós seus lugares de cría. Pero aínda non todas, e podemos ver os últimos individuos de varias especies, antes de que emprendan tamén a súa viaxe. A pasada semana tiven que ir a Ribadeo por un asunto persoal (cumprindo por suposto coa normativa establecida nestes tempos de COVID), así que aproveitei para botar un vistazo pola ría. Ou mellor dito, pola beira galega da ría, xa que a Asturias non se pode pasar.
Castellano / Nombre científico / Galego |
17- Ánade silbón / Anas penelope / Asubiador - pato asubión |
Ánade real / Anas platyrhynchos / Lavanco |
3- Ánade rabudo / Anas acuta / Pato rabilongo |
1- Colimbo grande / Gavia immer / Mobella grande |
Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño |
30- Garceta / Egretta garzetta / Garzota |
8- Garza real / Ardea cinerea / Garza real |
7- Espátula / Platalea leucorodia / Cullereiro |
1- Aguilucho lagunero / Circus aeruginosus
/ Tartaraña das xunqueiras |
1- Ratonero / Buteo buteo / Miñato |
1- Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora |
8- Zarapito real / Numenius arquata / Mazarico real |
28- Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerde |
Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus / Gaivota chorona |
Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota escura |
Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela |
Gavión atlántico / Larus marinus / Gaivotón |
1- Martín pescador / Alcedo atthis / Picapeixe |
Como podedes ver, non queda xa moita cousa, pero aínda había unha pescadora, biluricos, uns poucos asubiadores e rabilongos, e ata unha mobella. Así que algo de sabor a invernada aínda se nota.
Aproveito tamén esta entrada para comentar que se derribou o antigo obsertario de Reme, e no seu lugar quedaron só os bancos que había no interior, adecentando tamén algo máis a zona. O motivo foi a constante suciedade que había no lugar, xa que moita xente usaba o observatorio como retrete, dando verdadeiro noxo entrar alí en moitas ocasións. Así que por ese lado, a actuación era necesaria. Pero penso que se podía ter optado por unha solución mellor, como sería por exemplo quitar soamente a parede do observatorio que daba á estrada, de modo que quedase descuberto cara a ese lado, o que evitaría ese mal uso que se lle deba. E dese xeito, os que imos observar aves dende alí, seguiríamos tendo un observatorio cuberto e con refuxio para a choiva.
NOTA POSTERIOR: Edito esta entrada para deixar constancia de que finalmente se instalou un observatorio cuberto. Engado máis información aquí.
Saúdos e ata a próxima.
Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
Mira que é fácil solucionar o dos observatorios: unha plataforma lixeiramente elevada, aberta por todo e con teito para a chuvia, sen máis (coma os do Delta do Ebre ou algún da Limia). O resto, neste país de cafres e administracións covardes é gastar por gastar. Todo para que se convirta nun retrete, como ben dis.
ResponderEliminarSobra el dinero!!
Ola Xabi. Totalmente dacordo. Co fácil que sería ter feito algo así... Pois nada, agora os días de choiva tocará mollarse. Total, somos catro os frikis que andamos por aí vendo páxaros. Para qué van pensar en nós.
ResponderEliminarApertas.
Pois mira, resulta que estábamos falando antes de tempo. A obra estaba sen rematar, e agora puxeron a parte que faltaba. Así que con moito gosto rectifico as miñas palabras, e agradezo enormemente ó Concello de Ribadeo esta actuación, que tanta falta facía.
ResponderEliminar