Fai pouco comentaba aquí mesmo a actuación que se estaba facendo no observatorio de Reme (Ribadeo), ó desmontar a anterior estructura e acondicionar a zona. Porque como dícia, por desgracia aquilo era usado en moitas ocasións coma retrete por persoas con moita incontinencia e moi pouca educación. E cando os que realmente facíamos uso del para o que era, un observatorio de aves, atopábamos todo nunhas condicións que daban realmente noxo.
Antigo observatorio |
O que vin a última vez que estiven alí foi xa o observatorio antigo desmontado, e a zona acondicionada. Ademáis fíxose unha limpeza de vexetación que había entre o observatorio e a ría, e que impedía unha boa observación, cortándose para isto tamén tres eucaliptos, segundo a información facilitada polo Concello de Ribadeo. Ainda que eu botaba de menos que non puxeran outra estructura que sustituira ó anterior observatorio, e parecíame que ainda que así a cousa xa melloraba, os aficionados á ornitoloxía quedabamos sen refuxo para cando chovera ou fixera mal tempo.
Pero hoxe escribo este artigo para apuntar que as obras estaban sen rematar, e que se acaba de instalar un novo observatorio. Así que con moito gosto rectifico o que comentaba na anterior entrada, e dou a noraboa ó Concello de Ribadeo por esta acertada actuación, e por ter en conta as necesidades dun turismo ornitolóxico co que se mostrou moi comprometido nos últimos anos. Tal e como podedes ver nesta foto publicada na web do Concello, o novo observatorio está aberto pola parte que da á estrada, o que impedirá que o seu interior volva utilizarse coma retrete, xa que quedará aberto.
Según consta na nota de prensa “o presuposto dos traballos é de 24.200 euros, dos que nos subvencionan 20.000, en dúas anualidades. A axuda é da Rede Natura, da dirección xeral de Patrimonio Natural da Conselleria de Medio ambiente”.
E precisamente para falar desta actuación de mellora do observatorio, así como da riqueza e valores da Ría de Ribadeo, chamáronme de Radio Voz para facer esta entrevista que aquí comparto.
Saúdos e ata a próxima.
Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario