Páginas del blog Ría de Ribadeo

Mostrando entradas con la etiqueta paso prenupcial. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta paso prenupcial. Mostrar todas las entradas

domingo, 13 de mayo de 2018

Curuxa das xunqueiras (Búho campestre)

De novo pola costa de Ribadeo, o pasado 3 de maio atopeime con esta fermosa curuxa das xunqueiras (lechuza campestre / Asio flammeus) en Rinlo.







Estaba nas inmediacións da charca que hai preto da terceira cetárea, onde tamén me deleitei observando a pracer este falcón pequeno (alcotán / Falco subbuteo).




Pero a parte da presenza destas dúas rapaces, o mais destacado este día era a gran cantidade de mazaricos chiadores (zarapito trinador / Numenius phaeopus). Había bandos por tódolos prados, desde Piñeira ata Rinlo.






Na charca de Rinlo pouco que destacar. Os habituais lavancos (ánade real / Anas platyrhynchos), cunha das femias con varios parruliños tras dela. Así que cría polo tanto confirmada este ano na charca. E tamén gaivotas e un mergullón pequeno (zampullín común / Tachybaptus ruficollis). 




Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

jueves, 21 de mayo de 2015

Limícolas en paso pola Ría de Ribadeo



A pasada fin de semana estiven de novo en Ribadeo, e fun dar unha volta pola ría para ver si había algo de movemento de limícolas en paso. Pero non había moita cousa. Polo menos en Salías un pequeno grupiño formado por 15 píllaras reais (Charadrius hiaticula) e 9 pilros comúns (Calidris alpina) permitiume deleitarme a gusto sacándolles fotos. Qué fermosas son estas pequenas aves.












No Muro das Lamas había un par de cullereiros (Platalea leucorodia) e dous mazaricos (Numenius spp.) pousados nunha rama moi lonxana varada no medio da ría. Só levaba os prismáticos, e non puiden diferenciar si eran reais ou chiadores.




A parte do mencionado, e dalgúns lavancos (Anas platyrhynchos) e gaivotas, nada máis que destacar.

Saúdos e ata a próxima entrada.



Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

miércoles, 13 de mayo de 2015

Mazcatos, os torpedos do mar

O mazcato (ou "mascato" noutras zonas de Galicia, "alcatraz" en castelán) é unha fermosa ave que podemos observar durante case todo o ano desde a costa de Ribadeo. Aínda que en determinadas épocas, coincidindo cos pasos migratorios pre e posnupcial, os exemplares que pasan diariamente por aquí poden contarse por miles. Esta foto foi tomada fai poucas datas coincidindo precisamente co paso prenupcial. Este día, cunhas condicións favorables para que as aves pasasen moi preto da costa (vento forte do nordés) en escasos minutos puiden ver centos de exemplares pasándome por diante. Esta foto que vos mostro a continuación foi tomada en Rinlo, aínda que podería tela feito en calquera punto de Piñeira, Vilaselán, a Isla Pancha ou a Punta da Cruz, por exemplo.



Este exemplar é un individuo case adulto, como se pode ver pola súa plumaxe. Esta é de cor branca, coas puntas das ás negras, e unha tonalidade amarela sobre a cabeza. Aínda non é adulto completamente, xa que se lle aprezan cores escuras sobre a cola. En idades xuvenís as cores van desde unha tonalidade agrisada dos máis novos, pasando por unha especie de combinación branca agrisada nos seguintes anos, ata chegar á plumaxe madura, que sería coma a do seguinte deseño.

Debuxo: www.seo.org


É unha especie propia do océano atlántico, onde se reproduce en colonias ó norte do mesmo. En Europa, estas atópanse en Gran Bretaña, Irlanda, Islandia, Francia e Noruega. A máis famosa de todas elas e a colonia situada nun pequeno illote escocés chamado Bass Rock, onde se concentran por milleiros. E precisamente dese illote é de onde toma o seu nome científico a especie: Morus bassanus. Gran parte da poboación europea inverna fronte ás costas atlánticas africanas, o que fai que teñan que pasar pola península. Fundamentalmente estes pasos son visibles desde a costa cantábrica e atlántica, aínda que tamén se introducen no Mediterráneo, e parece que cada vez en maior número.

Costa de Ribadeo







A poboación de mazcato sufriu un gran declive ata o século XIX, debido fundamentalmente á explotación das colonias de cría por parte do home, xa que os seus ovos e polos eran capturados para consumir (estaban considerados un gran manxar). Moitas destas colonias chegaron a desaparecer por completo, e a especie chegou a estar nunha situación de perigo. Por fortuna, esta práctica foi desaparecendo, e a tendencia poboacional recuperouse, considerándose na actualidade que está fora de perigo e goza de boa saúde.

As súas presas favoritas son peixes de non moito tamaño. E a súa técnica de pesca consiste en localizar os bancos de peixe sobrevoando o mar. Cando os atopa, elévase lixeiramente para posteriormente deixarse caer en picado a gran velocidade, entrando no mar en forma de torpedo para atrapala súa presa. Nesta manobra pode chegar a alcanzar os 100 km/h, e resulta impresionante contemplala. Si nos apostamos nalgún lugar da costa cuns simples prismáticos, resulta moi doado poder contemplala. Pero para non ter que esperar a ese momento, aquí podedes vela neste pequeno vídeo con espectaculares imaxes.




Para aqueles que nunca reparástedes na presenza desta fermosa especie nas nosas costas, espero que este artigo vos anime a facelo. E ó resto, pois que sigades facéndoo.

Saúdos e ata a próxima entrada.

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

martes, 7 de abril de 2015

Limícolas na ría


Praia de Salías


 
Esta Semana Santa non todo foi ir a Rinlo ou a Penarronda. Tamén estiven pola ría, para ver o que se move nestas datas de paso migratorio prenupcial. Serei breve, xa que non había demasiado movemento. Ainda que sempre hai cousas que ver. Na enseada la Lieira (Castropol) había o seguinte:

8 cullereiros (espátulas / Platalea leucorodia)

18 garzotas (garcetas / Egretta garzetta)

2 garzas reais (garzas reales / Ardea cinerea)

4 mazaricos rabinegros (agujas colinegras / Limosa limosa)

3 mazaricos chiadores (zarapitos trinadores / Numenius phaeopus)

4 biluricos comúns (archibebes comunes / Tringa totanus)

17 biluricos pativerdes (archibebes claros / Tringa nebularia)

3 pilros comúns (correlimos comunes / Calidris alpina)

1 carrán cristado (charrán patinegro / Sterna sandvicensis)

Varias ducias de Lavancos (azulones / Anas platyrhynchos)



Os oito cullereiros

Mazaricos rabinegros, mazaricos chiadores, biluricos pativerdes e biluricos comúns, 



 
Xa na beira galega da ría, no Muro das Lamas había:

1 garzota (garcetas / Egretta garzetta)

5 garzas reais (garzas reales / Ardea cinerea)

5 mazaricos reais (zarapitos reales / Numenius arquata)

2 biluricos comúns (archibebes comunes / Tringa totanus)

48 biluricos pativerdes (archibebes claros / Tringa nebularia)

4 pilros comúns (correlimos comunes / Calidris alpina)

Estupendo pousadoiro natural no Muro das Lamas

Muro das Lamas


 
Isto foi todo por hoxe. Ata a próxima.


Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

jueves, 29 de mayo de 2014

Limícolas na Ría de Ribadeo



Da miña última visita a Ribadeo quedáronme pendentes por subir ó blog algunhas fotos dunha saída que fixen pola ría. Por alí, ó igual que en Rinlo, o máis destacado era a presenza de pequenas limícolas no apoxeo do paso migratorio prenupcial. Nada fora do común, senon todo o contrario, as especies habituais, que ó fin e ó cabo, son as que lle dan importancia ó noso estuario.  Son as que están sempre presentes, ano tras ano, e as que fan da ría un lugar importante para as aves. Estas fotos son de tres desas especies, que este día estaban na praia de Salías, en Castropol: pilro común (correlimos común / Calidris alpina), pilro tridáctilo (correlimos tridáctilo / Calidris alba) e píllara real (chorlitejo grande / Charadrius hiaticula). Sen máis, déixovos con as fotos.

Praia de Salías
Píllaras e pilros

Pilros comúns


Píllaras reais
Píllara real
Pilro tridáctilo

Pilro común
Ría de Ribadeo



Saúdos e graciñas por seguilo blog.

Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons

Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com