Páginas del blog Ría de Ribadeo

domingo, 8 de agosto de 2010

Boa xornada de observación

Onte tiven o pracer de compartir con Xabier Prieto unha estupenda xornada de observación pola ría de Ribadeo. O seu entusiasmo pola ornitoloxía levouno a viaxar a propósito desde Ferrol para achegarse a Ribadeo e compartir comigo unha mañá de paxareo pola ría. E o certo é que foi unha xornada moi produtiva no que a observacións se refire, xa que puidemos contar gran variedade e cantidade de aves. Este é o censo que fixemos según a boa técnica de conteo de Xabi:

platalea leucorodia – cullereiro – espátula: 3 ex. na enseada da Liñeira.
anas platyrhyncos – lavanco – ánade real/azulón: 463, en toda a ría. Según puntualiza Xabi, é habitual que se xunten moitos nas rías para mudar nos meses de verán, despois da cría.
numenius arquata – mazarico real – zarapito real: 82, censados en marea baixa.
numenius phaeopus – mazarico chiador – zarapito trinador: 45, en marea baixa.
limosa limosa – mazarico rabinegro – aguja colinegra: 1
tringa totanus – bilurico patirrubio – archibebe común: 4
tringa nebularia – bilurico claro – archibebe claro: 43
actitis hypoleucos – bilurico das rochas – andarríos chico: 2
calidris alpina – pilro común – correlimos común: 6
larus melanocephalus – gaivota cabecinegra – gaviota cabecinegra: 2
gallinula chloropus – galiñola/pita de auga – gallineta: 1 ex. na lagoa do aserradoiro de Villadún
Cito a continuación outras especies que tamén observamos pero non contamos:

larus michahellis – gaivota patiamarela – gaviota patiamarilla: centos de exemplares.
larus ridibundus – gaivota chorona - gaviota reidora
larus fuscus – gaivota escura – gaviota sombría
egretta garzetta – garzota – garceta: gran número de ex., na enseada da Liñeira, no Tarrón, e no Muro de Lamas.
ardea cinerea – garza real – garza real: tamén moi abondosa, como é habitual.
phalacrocorax carbo – corvo mariño – cormorán

E por último, case como anécdota, comentar o entusiasmo que sentiu Xabi ante a abondantísima presenza de lagartixa dos muros (podarcis muralis) nunha praia de cantos da enseada da Liñeira, que segundo as súas propias palabras “acababa de ver máis exemplares nese intre que ata o de agora en toda a súa vida”.

Podarcis muralis - Lagartixa dos muros. Foto: Cienciatk (CSIC)


1 comentario:

  1. Si que estivo ben, Quique. A ver se repetimos máis adiante, cando a ría estea chea de acuáticas (xa sabes que isto non é nada comparado co que ten durante o inverno)

    O das Lagartixas (P.muralis) impresionante desde logo, e na mesma beiramar... O malo é que a cita era en territorio asturiano e, lóxicamente, non podo recollela para o Atlas de hérpetos de Galiza. Os bichos non entenden de fronteiras, pero son necesarias. De algunha maneira hai que delimitar o ámbito xeográfico dos traballos científicos.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar