|
Mazaricos reais |
O olor a mar do interior da ría, ou o olor a mar do exterior da mesma. O mar é o que marca o espírito desta terra, e tamén condiciona as aves que podemos observar nela ó longo do ano. E a nosa ría sirve como refuxo para moitas aves que nesta época están en paso pola costa cantábrica.
|
Faro de Ribadeo e entrada da ría |
|
Zona interior da ría (o Muro de Lamas) e Ribadeo ó fondo |
Si o venres citaba a presenza dun mazarico real (numenius arquata) na zona da Liñeira, o sábado pola mañá, no Muro de Lamas, zona onde sedimentan cando sube a marea, puiden contar ata 88 exemplares. Cando a eles había tamén varias garzotas (egretta garzetta), garzas reais (ardea cinerea), un bilurico común (tringa totanus) e máis de duascentas gaivotas choronas (larus ridibundus).
|
Aves no intermareal |
|
Garzotas e mazaricos reais |
|
Mazarico (Numenius spp.) |
|
Mazaricos |
Xa pola tarde, fóra da ría, na zona costeira, apreciábase un intenso paso de aves mariñas. Debido ó forte vento do Noroeste, as aves pasaban bastante perto da costa, polo que eran fáciles de observar. Deste xeito, podíase ver un gran paso de mascatos (morus bassanus), así como pardelas (puffinus sp.), pentumeiros (melanitta nigra) ou mazaricos.
|
Costa de Ribadeo |
|
Mar Cantábrico |
|
Mascato (Morus bassanus) |
|
Mascato xuvenil |
|
Gaivota patiamarela |
Sexa no interior da ría, ou sexa na zona externa, merece a pena parar un bocadiño a observar o ceo, as aves, e disfrutar deste olor a mar.
|
Corvo pequeno (Corvus corone) |
Imágenes y texto propiedad de:
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com
Olá Quique:
ResponderEliminarA foto do "Mazarico real" penso que se correspón máis ben cun Mazarico chiador (Numenius phaeopus).
E non é por ser repunante, pero.... Corvus monedule?? Imaxino que querías dicir C.corone!
Unha aperta.
Ola Xabi. Da gusto saber que se teñen lectores sempre atentos a posibles erros. O do corvo pequeno non ten discusión, é Corvus Corone (é algo lioso o de andar cos nomes en galego, castelán, latín...) O do mazarico, xa non o teño tan claro. Recoñezo que me surxiron dúbidas ó ver a foto no ordenador, pero penso que é un mazarico real. Na foto non se lle aprecia ben, porque tiña a cabeza lixeiramente xirada cara a min, pero o pico era máis longo do que parece na foto, e no campo pareceume un numenius arquata, tamén ó comparalo co resto deles que estaban por alí. Non obstante, deixareino en dúbida, posto que valoro a túa opinión. Graciñas polos comentarios e unha aperta
Eliminar