Na miña última visita a Ribadeo, fai un par de semanas, aproveitei ben o tempo para sair "bichear", e aínda me quedaba algo de material sen subir ó blog, que é o que vai nesta entrada. Esta saida fíxena na compaña do amigo Pablo García González, un gran coñecedor da zona e da fauna que por ela se move. E despois de dous días observando aves pola ría e pola costa, nesta ocasión tiramos un pouquiño máis cara ó interior, ainda que sen perder nunca de vista o mar, tanto pola zona de Galicia como pola veciña Asturias.
Para iso tivemos que meternos por zonas de vexetación moi tupida, case como si de auténticas selvas tropicais se tratasen. Acostumado a estar lonxe da terra durante a maior parte do ano e percorrendo paisaxes moi diferentes a esta, volver estar rodeado de folgueiras, carballos, castaños, piñeiros, etc., é unha gozada.
O obxetivo eran varios nidos de diferentes especies de rapaces que Pablo ten localizados, para ver si estaban aínda os polos neles. Él tiña a esperanza de que sí, posto que sabe de bastantes nidos, e coñecía que algúns criaran máis tarde que outros. Ainda que tras percorrer varios nidos de miñato, finalmente non atopamos ningún ocupado. Sí tivemos máis sorte cun de falcón pequeno (alcotán /
falco subbuteo), do que vimos sair un adulto. A ver si en agosto podemos volver botar unha ollada e ver as crías.
Tamén nos atopamos este polo de tordo, penso que común (zorzal común /
turdus philomelos).
E máis tarde, nuns acantilados costeiros, vimos tamén un nido de lagarteiro (cernícalo /
falco tinnunculus). Do nido non teño foto, pero sí deste fermoso atardecer co que despedimos a xornada.
Imágenes y texto propiedad de:
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario