Páginas del blog Ría de Ribadeo

viernes, 20 de julio de 2012

A ría de Ribadeo na lista dos espazos Ramsar ameazados

Entre os pasados días 6 e 13 de xullo de 2012, celebrouse en Bucarest a 11ª Reunión da Conferencia das Partes na Convención sobre os Humidais Ramsar (ou COP11). Nela analizouse a situación dos 2.026 humidais de todo o mundo que están incluidos neste convenio, detectándose graves carencias no cumprimento dos acordos adoptados polos estados participantes na Conferencia.

Unha das principais conclusións que se sacan da Resolución desta COP11, é a falta de información oficial sobre o estado dos humidais. Esta situación é común entre moitos dos estados membros, sendo un total de 1.385 sitios de 149 países (o que supón o 68% do total dos humidais Ramsar) dos que non se dispón de información actualizada. No caso do estado español, non cumpriu co seu compromiso de presentar informes actualizados da situación de 47 dos seus humidais recollidos no convenio Ramsar (sobre un total de 74). 

A ría de Ribadeo está incluida na rede de espazos Ramsar



























Pero si esta falta de información actualizada é preocupante, como así se reflicte na resolución final aprobada na COP11, no caso concreto do noso humidal Ramsar, a Ría de Ribadeo, a situación é máis grave. Porque neste caso sí se presentou información sobre o estado do humidal, e precisamente ahí está o preocupante. Segundo se reflexa na resolución final da Convención, trátase dun dos 8 humidais (do total dos 74 de todo o estado) dos que se informou que “se teñen producido, se están producindo ou se poden producir cambios negativos inducidos polo ser humano”. Os outros 7 humidais cunha declaración similar son: Lagoa e areal de Valdoviño (tamén en Galicia), Aiguamolls de l’Empordà (Cataluña) , Albufera de Valencia, Mar Menor (Murcia), Saladar de Jandía (Canarias), S’Albufera de Mallorca e Txingudi (País Vasco).


Como complemento a esta declaración da COP11, e ante a falta de información da administración española sobre os outros 47 humidais Ramsar, a Sociedad Española de Ornitología ven de elaborar un breve informe no que se analiza a situación de tódolos humidais da rede, os 74. E lóxicamente, neste informe a situación do noso estuario tamén sae mal parada, en concordancia co expresado na resolución da COP11. Así, valorando a extensión e a calidade do hábitat requeridos polas poboacións de aves presentes no espazo, e entre unha escala de valores de Bo, Moderado, Pobre e Moi Pobre, o hábitat da Ría de Ribadeo está catalogado pola SEO como Moi Pobre. No seu informe a SEO deixa nunha situación similar a outros 17 humidais da rede no estado (o 23% deles).


Así pois, e a modo de reflexión, pódese dicir que a saúde da Ría de Ribadeo está seriamente ameazada, e que de seguir por este camiño de agresións e pouco control das actividades humanas que se realizan en torno a ela, a riqueza faunística, vexetal e por qué non dicilo, tamén paisaxística, continuará a degradarse.

Por último, para quen queira indagar máis nos datos ofrecidos tanto pola Convención Ramsar como pola SEO, aquí están os informes completos citados anteriormente:
 
Imágenes y texto propiedad de:
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario