No verán, igual que os turistas chegan á nosa costa para disfrutar das vacacións, do tempo de lecer, das praias e do mar, tamén a nosa ría está ocupada nesta época por diversos “veraneantes”. Se ben non é a mellor época para a observación de aves, a ría sempre ten algo que ofrecer, e incluso no verán se poden ver especies interesantes. Como estas garzotas, lucindo unha fermosa plumaxe nupcial (obsérvense as plumas que saen da caluga).
Nesta tarde estival, na que finalmente saíu o sol, a ría mostraba unha fermosa faciana.
Enseada do Esquilo |
Castropol en primeiro plano, e Ribadeo ó fondo |
E descansando baixo estas raiolas de sol a última hora da tarde, na praia de Salías, este grupo de gaivotas cabecinegras.
Outro veraneante interesante é este exemplar de gabita ou lampareiro, como lle chamamos por aquí. Quería pasar desapercibido, e estaba moi moi lonxe, así que ó mellor estilo dos paparazzis, aquí deixo este “roubado”, de moi mala calidade, únicamente a modo testimonial.
Lampareiro, no centro da imaxe |
Máis perto estaba esta outra especie de gaivota, unha gaivota chorona, máis abundante e común que as súas parentes as cabecinegras (tamén esta ten a cabeza negra, polo que en ocasións pode confundirse).
Outros veraneantes que non fallan son os corvos mariños, presentes durante todo o ano, polo que tamén é doado velos na época estival.
Ademais podíanse ver hoxe pola ría varios exemplares de garza real, lavancos, gaivotas patiamarelas, gaivotas escuras, un mazarico real... E cómo non, outra “especie” sempre presente nesta época, o auténtico veraneante, nesta ocasión no seu iate.
Ría de Ribadeo |
Imágenes y texto propiedad de:
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario