Tiña reservada esta "perla" para meter nunha entrada a parte, porque a cita ben o merece. O pasado día 7 de setembro o amigo Pablo García González (a quen alguén xa bautizou coma o "corresponsal" oficial do blog Ría de Ribadeo...) observou 4 cegoñas negras (ciconia nigra) na ría. Unha cita espectacular, dado a rareza desta especie por aquí. De feito, só coñezo dúas citas máis deste ano en Galicia, e ningunha en Asturias. E por si fora pouco, ata lles conseguiu tirar algunhas fotos, ainda que non moi boas, o suficiente para recoñecer a especie.
Cegoña negra / ciconia nigra / cigüeña negra sobrevoando a ría de Ribadeo. Fotografía: Pablo García González. |
Aquí poden verse dous exemplares. Fotografía: Pablo García González |
Dadas as datas e a zona, puidera tratarse de exemplares en paso migratorio procedentes do norte dos Pirineos, que se desviaran da ruta máis habitual para esta especie cando realiza a súa migración outonal (agosto-outubro), que é máis común polo oriente peninsular.
Rutas migratorias en Europa da cegoña negra. Fonte: Wikipedia. |
Curiosamente, onte, día 12 de setembro, Diego R. Vieites observou tamén 4 exemplares no Parque Natural de Corrubedo (Ribeira, A Coruña). ¿Poden tratarse das mesmas que observou Pablo aquí? Pode ser. En calquer caso, noraboa ós dous por estas magníficas citas. E gracias coma sempre a Pablo García pola súa colaboración co blog enviándome fotos e citas do que ve pola zona.
Exemplar de cegoña negra fotografiada en Monfragüe (maio de 2012) |
Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com
Estupendas citas de esta preciosa especie, que aquí en Salamanca se observa más frecuentemente, pero vaya gozada las citas también en el norte. Galicia siempre deslumbrando con sus atributos naturales. Felicidades por las observaciones.
ResponderEliminarUn saludo, Gonzalo Criado.
Gracias Gonzalo. Si, en Salamanca teneis la suerte de ver esta especie mucho mas comunmente, pero aqui es toda una rareza.
ResponderEliminarUn saludo y gracias por tu comentario.