Páginas del blog Ría de Ribadeo

jueves, 3 de enero de 2013

Observando aves desde Ribadeo e Castropol


A ría de Ribadeo está chea de vida por todos lados nesta época, e non fai falla sequera ir ás zonas menos humanizadas do estuario para disfrutar observando as súas aves. Desde os portos de calquera das poboacións do contorno pódense ver gran cantidade e variedade de especies, que utilizan a ría coma o seu lugar de invernada.

En Ribadeo, calquera dos “muelles” é bo para observar distintos tipos de aves, desde o porto deportivo en Porcillán, pasando pola escolleira da lonxa, o porto de Mirasol, e chegando ata a escolleira da praia dos Bloques. Facendo esta ruta, o domingo día 30 víanse especies coma pilros comúns (Calidris alpina / Correlimos común), mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis / Zampullín cuellinegro), lampareiros (Haematopus ostralegus / Ostrero) ou cullereiros (Platalea leucorodia / Espátula).

Pilro común / Correlimos común / Calidris Alpina

Bando de pirlos comúns descansando sobre un penedo





Mergullón de pescozo negro / Zampullín cuellinegro / Podiceps nigricollis

Mergullón de pescozo negro

Cullereiro / Espátula / Platalea leucorodia


 
A sorpresa do día viu da man dun carolón (Alca torda / Alca), como xa contei nunha anterior entrada (ver entrada), algo que non se ve tódolos días.

Alca


Desde o outro lado da ría, no “muelle” da Punta de Castropol, podían verse a poucos metros especies tan características do estuario coma o mazarico real (Numenius arquata / Zarapito real) ou a garzota (Egretta garzetta / Garceta).

Mazarico real / Zarapito real / Numenius arquata

Mazaricos reais

Mazarico real

Garzota / Garceta / Egretta garzetta


Noutros puntos do porto de Castropol observábase tamén con facilidade o voo de carráns cristados (Sterna sandvicensis / Charrán patinegro), ou os mergullos dos pentumeiros (Melanitta nigra / Negrón común).

Carrán cristado / Charrán patinegro / Sterna sandvicensis

Pentumeiro / Negrón común / Melanitta nigra

Pentumeiros


Mirando cara a Ribadeo, un bulto negro e branco atravesa a ría en dirección Sur. Trátase dunha especie xa icono da ría, e imaxe do logo deste blog, a aguia pescadora (Pandion haliaetus / Águila pescadora).

Aguia pescadora voando no porto de Mirasol (Ribadeo)

A ría con Ribadeo ó fondo


Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda

6 comentarios:

  1. Boa actividade para empezar o ano, sigue asi, agradecese tanta diversidade.Saudos

    ResponderEliminar
  2. Graciñas Pepe. Sí, o da diversidade é o bo que ten andar todo o tempo dacó para aló. Tan pronto estou vendo acuáticas na ría de Ribadeo, coma ánsares en Ávila ou bubelas en Madrid. O que non estará tan contento é o meu pobre coche, que fai máis kilómetros ca un camioneiro...
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. Carallo, vaia fotaza a primeira do Pilro!! E as de mergullón tamén están guapas (que sei ben que alí a cousa non ten nada que ver coas facilidades que temos en Maniños).

    Unha aperta

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Vaia coincidencia. Mentres ti estabas vendo e comentando as miñas fotos da ría, eu estaba a facer o mesmo coas túas de Villafáfila : ) En ambos casos nótase que melloramos co novo material, ¿eh?
      Apertas.

      Eliminar
  4. Hola Enrique. La vista del zarapito me recuerda que te tenía que contar que ya fui a El Oso, donde vimos uno. Disfruté viendo, aunque no fotografiando, porque estaban todos demasiado lejos para mi equipo. Pero eso sí, la mañana fue magnífica. No creo que haga entrada sobre esa visita por la falta de imágenes. Eso sí, en las fotos he identificado el ganso con collar. No así, aún, los caretos, aunque me dicen que se vieron... con telescopio.
    Saludos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Hola Jesús! Me alegro de que fueses ya al Oso y pasases allí un buen día. Es cierto, la laguna está muy lejos de los observatorios, y eso es un gran inconveniente para sacar fotos. Pero el lugar bien merece la pena, porque para ser un espacio tan pequeňo, alberga una enorme cantidad de aves. Un saludo.

      Eliminar