Páginas del blog Ría de Ribadeo

martes, 7 de abril de 2015

Limícolas na ría


Praia de Salías


 
Esta Semana Santa non todo foi ir a Rinlo ou a Penarronda. Tamén estiven pola ría, para ver o que se move nestas datas de paso migratorio prenupcial. Serei breve, xa que non había demasiado movemento. Ainda que sempre hai cousas que ver. Na enseada la Lieira (Castropol) había o seguinte:

8 cullereiros (espátulas / Platalea leucorodia)

18 garzotas (garcetas / Egretta garzetta)

2 garzas reais (garzas reales / Ardea cinerea)

4 mazaricos rabinegros (agujas colinegras / Limosa limosa)

3 mazaricos chiadores (zarapitos trinadores / Numenius phaeopus)

4 biluricos comúns (archibebes comunes / Tringa totanus)

17 biluricos pativerdes (archibebes claros / Tringa nebularia)

3 pilros comúns (correlimos comunes / Calidris alpina)

1 carrán cristado (charrán patinegro / Sterna sandvicensis)

Varias ducias de Lavancos (azulones / Anas platyrhynchos)



Os oito cullereiros

Mazaricos rabinegros, mazaricos chiadores, biluricos pativerdes e biluricos comúns, 



 
Xa na beira galega da ría, no Muro das Lamas había:

1 garzota (garcetas / Egretta garzetta)

5 garzas reais (garzas reales / Ardea cinerea)

5 mazaricos reais (zarapitos reales / Numenius arquata)

2 biluricos comúns (archibebes comunes / Tringa totanus)

48 biluricos pativerdes (archibebes claros / Tringa nebularia)

4 pilros comúns (correlimos comunes / Calidris alpina)

Estupendo pousadoiro natural no Muro das Lamas

Muro das Lamas


 
Isto foi todo por hoxe. Ata a próxima.


Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

5 comentarios:

  1. Hola Enrique.

    Buena entrada, pero hablando de entrada si soplara el "nordés" -como estos días y ahora mismo- en las próximas dos o tres semanas sí que tendríamos a muchas limícolas sedimentando en nuestras rías. ¡Qué Eolo nos acompañe! xD

    Un saludo,

    Rafa.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Rafa. Sí, seguro que sí en lo que dices. Aunque yo ahora ya no estaré allí para verlo en estas próximas semanas. Así que tendré que conformarme con seguirlo a través de vuestros blogs. Un saludo.

      Eliminar
  2. Na penúltima foto eu conto 22-24 Biluricos claros, Quique (xa sabes que son censador patológico e non podo evitalo).
    Hai dous tringa sp polo medio que non se aprecian ben.

    ResponderEliminar
  3. Respuestas
    1. Ja, ja, ja. Ata as fotos tés que censar Xabi. Ti vendo os libros de Wally non debías ter prezo... : )))
      Nesa zona había 48 biluricos pativerdes, como dicía, entre eses que hai aí e os que estaban pousados na xunqueira próxima. E os que ves no medio dos nebularia eran dous totanus. Así que moi ben esa identificación fotográfica ; )
      Unha aperta

      Eliminar