Achégase o inverno, volve o mal tempo, e con el comezan a chegar as aves invernantes á Ría de Ribadeo. Así que o sábado pola mañá saín dar unha volta para ver como estaba a cousa.
Porto deportivo de Ribadeo |
E a cousa estaba de rarezas, como veredes a continuación. A primeira delas era a presenza dun cisne bravo, que leva varios días por aquí.
Pero si cabe, aínda máis chamativa foi a nova de que había catro grous na ría. Entereime mentres estaba en Salías con Pablo Miki, que recibiu un whatsapp de Carlos Sanjurjo avisando de que acababa de velos na enseada do Tarrón. Pablo saíu rápido para aló, mentres eu me quedaba un cacho máis na Lieira. Como sabedes, vexo grous a cotío no inverno, debido ás miñas numerosas saídas pola meseta castelá, así que pese á rareza da observación, decidín non darme presa por velas.
Axiña Pablo as localizou e tiroulles unhas fotos, que me pasou para poder colgar no blog. Eu achegeime un rato máis tarde, pero a marea subira un pouco, e xa non estaban alí. Ainda que foron observadas en máis ocasións durante esta semana, así que estiveron varios días pola zona.
E despois de dar conta destas dúas rarezas locais, imos coas aves propiamente invernantes, as que se poden ver cada ano na nosa ría. Na Lieira podía verse xa un grande número de anátidas, básicamente lavancos e patos asubiadores . Tamén cullereiros (40), garzotas, garzas reais, corvos mariños, biluricos pativerdes, píllaras reais, pilros comúns, mazaricos reais e chiadores, e un picapeixe.
Cullereiros |
Garzota |
Píllara real |
Picapeixe |
Desde a punta de Castropol o máis destacado era un mergullón pequeno, raro de ver nesta zona da ría.
Mergullón pequeno |
Bilurico bailón |
No Muro de Lamas, coa marea xa moi alta, xuntábanse coma sempre os grandes bandos de anátidas e as limícolas. Así, os lavancos, patos rabudos, asubiadores, cercetas e frisados, mesturábanse con mazaricos reais, chiadores e rabinegros, biluricos pativerdes, patirrubios, píllaras cincentas (3) e pilros comúns.
Píllaras cincentas |
Anátidas |
Patos rabudos |
Patos asubiadores |
E desde o observatorio de Reme, a clásica observación dunha águia peixeira no seu pousadoiro (Virgilia, presumiblemente). Xa hai tres na ría, as dúas habituais, Virgilia e Panchita, e outra que segundo Carlos Sanjurjo debe ser a mesma do ano pasado.
Así que xa vedes, temos a ría moi animada nestas datas. E aínda faltan aves por chegar, así que merece a pena aproveitar e gozar coa gran riqueza de aves deste estupendo espazo natural que temos ó pé da casa.
Para rematar, déixovos a lista completa de aves observadas:
Castellano
/ Nombre científico / Galego
|
Cisne
cantor / Cygnus cygnus / Cisne
bravo
|
Ánade
silbón / Anas penelope / Asubiador
- pato asubión
|
Ánade
friso / Anas strepera / Pato
frisado
|
Cerceta / Anas crecca / Cerceta
|
Ánade real
/ Anas platyrhynchos / Lavanco
|
Ánade
rabudo / Anas acuta / Pato
rabilongo
|
Zampullín
común / Tachybaptus ruficollis /
Mergullón pequeno
|
Cormorán /
Phalacrocorax carbo / Corvo mariño
|
Garcilla
bueyera / Bubulcus ibis / Garza
boieira - garza mediana
|
Garceta / Egretta garzetta / Garzota
|
Garza real
/ Ardea cinerea / Garza real
|
Espátula /
Platalea leucorodia / Cullereiro
|
Milano
real / Milvus milvus / Miñato real
- millafre real
|
Águila
pescadora / Pandion haliaetus /
Aguia pescadora
|
Grulla / Grus grus / Grou
|
Chorlitejo
Grande / Charadrius hiaticula /
Píllara real
|
Chorlito
Gris / Pluvialis squatarola /
Píllara cincenta
|
Correlimos
común / Calidris alpina / Pilro
común - pilro curlibico
|
Zarapito
trinador / Numenius phaeopus /
Mazarico chiador
|
Zarapito
real / Numenius arquata / Mazarico
real
|
Archibebe
común / Tringa totanus / Bilurico
patirrubio - bilurico común
|
Archibebe
claro / Tringa nebularia / Bilurico
pativerde - bilurico claro
|
Andarríos
chico / Actitis hypoleucos /
Bilurico das rochas - bilurico bailón
|
Aguja
colinegra / Limosa limosa /
Mazarico rabinegro
|
Gaviota
reidora / Chroicocephalus ridibundus
/ Gaivota chorona
|
Gaviota
sombría / Larus fuscus / Gaivota
escura
|
Gaviota
patiamarilla / Larus michahellis /
Gaivota patiamarela
|
Martín
pescador / Alcedo atthis /
Picapeixe - martiño peixeiro
|
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario