Páginas del blog Ría de Ribadeo

miércoles, 16 de octubre de 2019

As tres aguias pescadoras da Ría de Ribadeo


Na Ría de Ribadeo temos desde fai uns anos tres aguias pescadoras invernantes. A primeira en chegar, como ben sabedes os asiduos a este blog, foi Panchita. Uns anos despois chegou Virgilia. E por último elixiu a nosa ría para pasalos invernos outro exemplar, ainda sen anelar. Hoxe traio ó blog fotos das tres, sacadas o pasado sábado desde a propia ría.

Esta é Panchita, a mais famosa das tres, xa que foi a “pioneira”, e a que levou toda a atención mediática naquel inverno do ano 2010 (ver nova da primeira observación). Moi pronto foi anelada, cunha anela de PVC de cor amarela e o código 82, ademais da pertinente anela metalica na outra pata. Ambas póndense ver nesta foto.


A derradeira en chegar foi estoutra, que como dicía, ainda está sen anelar. E sen “bautizar”, xa que ainda que se supón que será a mesma de pasados invernos, ata que non estea anelada non teremos a total seguridade.


E deixei para o final a Virgilia, porque foi á que o sábado lle saquei as mellores fotos. Tamén se lle puxo unha anela de PVC de cor amarela, co código LV. Pero como poderedes comprobar nas seguites fotos, este verano perdeuna, xa que ó regresar a ría, apareceu só coa anela metálica da pata dereita. Aquí vai o seu “book” fotográfico.











Despois destes posados diante da miña cámara, Vigilia decidiu que era hora de xantar, e lanzouse na captura da súa comida preferida, unha rica soia, que foi comer ó seu pousadoiro favorito.



Ademais das tres pescadoras, cabe destacar tamén a presenza dos primeiros patos asubiadores (Anas penelope) da tempada. Iso sí, moi pouquiños de momento. Nesta foto poden adiviñarse detrás dos lavancos (Anas platyrhynchos).



E tamén moi abundantes xa os cullereiros (Platalea leucorodia), dos qua había uns 25 exemplares na Lieira.



Polo demais, biluricos pativerdes (Tringa nebularia), garzas reais (Ardea cinerea), garzotas (Egretta garzetta), gaivotas, biluricos das rochas (Actitis hypoleucos), e outras aves que comezan a darlle animación a ría. Ainda que o mellor esta por chegar nas vindeiras semanas.



Garza real

Garzota

Garza real


Bilurico pativerde

Bilurico pativerde
Saudos e ata a próxima.


Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario