Fai un tempo publicaba cómo iban as obras do observatorio de aves de Reme. Daquela estaba aínda sin rematar, así que quería actualizar a información coas fotos da obra xa rematada.
Ademáis do observatorio en sí, a área compleméntase cun valado en madeira e corda, e coa instalación dun panel informativo sobre a ría e algunha das aves que se poden observar. Como tampouco nesta ocasión (igual que ocorre co instalado no Cargadeiro) puxeron a autoría dos textos sobre as aves, aproveito para aclarar aquí que son eu o autor dos mesmos. Tanto as notas sobre as aves coma as imaxes, están sacadas do folleto que elaborei para o Concello de Ribadeo. (Folleto: https://ria-de-ribadeo.blogspot.com/2014/12/plano-guia-para-observar-aves-en-la-ria.html).
Así pois, temos xa renovada esta infraestructura que permitirá ós aficionados á ornitoloxía poder gozar dun lugar apropiado, e a cuberto, para a observación de aves. Lembremos que éste en un dos mellores puntos para poder observar por exemplo as aguias pescadoras.
Saudos e ata a próxima.
Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario