Cada ano regresa máis cedo. Esta vez a pescadora máis famosa da ría, Panchita, chegou a finais de xullo. Os primeiros anos chegaba no mes de setembro, pero foi adiantando a súa chegada cada ano, facéndoo últimamente no mes de agosto. Ata o ano pasado que foi observada o 31 de xullo:
https://ria-de-ribadeo.blogspot.com/2020/08/chega-primeira-das-aguias-pescadoras-ria.html
Pero esta vez batiu tódolos seus records e chegou incluso uns días antes. Nestas fotos pódese ver a súa anela, na que se aprecia o código 82 que a identifica.
E non está soa, xa que lle fai compañía outro exemplar, do que descoñecemos orixe e datos. Veremos si é un exemplar en paso, ou un dos invernantes na ría.
Por alí andaban tamén dous millafres negros.
E estando en época de paso posnupcial os limícolas déixanse ver pola ría, coma estes mazaricos reais.
Saúdos e ata a próxima
Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
Moi guapas as fotos Quique. Teño que facerche unha pequena corrección, o ano pasado vin a Panchita tamén en xullo, inda que polos pelos, o día 31.
ResponderEliminarO exemplar sin anelar, vino por última vez o día 1, non sei se marcharía...
Unha aperta.
Certo Carlos. Si ata teño a entrada publicada no blog con esa cita túa do 31 de xullo do ano pasado:
Eliminarhttps://ria-de-ribadeo.blogspot.com/2020/08/chega-primeira-das-aguias-pescadoras-ria.html
Graciñas polo apunte.
Apertas.
Coincido con Carlos no das fotos. Imaxino que foron desde embarcación, non si?
ResponderEliminarGrazas Xabi. Sí, desde un bote.
ResponderEliminar