De novo por Ribadeo, traio a actualización de cómo vai a invernada pola ría. Son datos dunha saída o día 20 de novembro. Ese fin de semana podía tamén achegarme a Cabo Peñas para velo famoso búho nival, que é a sensación destes días no mundiño ornitolóxico. Trátase dunha auténtica megarrareza, da que se fixeron eco ata os medios de comunicación xeneralistas. A menos de hora e media de Ribadeo, e nun fin de semana cunhas condicións climatolóxicas estupendas, a ocasión era perfecta. Pero qué queredes que vos diga, non tiña un especial interese en ir. Téñoo máis que visto nas redes sociais estes días, e a mín persoalente non me motivaba desprazarme para poder fotografalo. Ainda que respeito a quen o fai, por suposoto, non vexo nada malo nelo... Pero a onde iba, que eu preferín quedarme en Ribadeo e sair pola ría para observar e contar o que hai por aquí.
E isto foi o que vin, e o que puiden contar ese día. Importante isto
último, xa que moitas veces non se consegue ver ou contar todo o que hai
nun lugar. E sabes que hai máis bichos que se che están escapando por
estaren nalgún sitio que non alcanzas ver, ou non ves ben.
Castellano / Nombre científico / Galego | Conteo |
Ánsar piquicorto / Anser brachyrhynchus / Ganso biquicurto | 1 |
Ánade silbón
/ Mareca penelope / Pato asubiador |
308 |
Ánade friso / Mareca strepera / Pato frisado | 4 |
Cerceta / Anas crecca / Cerceta | 50 |
Ánade real / Anas platyrhynchos / Lavanco | 210 |
Ánade rabudo / Anas acuta / Pato rabilongo | 155 |
Negrón / Melanitta nigra / Pentumeiro | 1 |
Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño | 44 |
Garcilla
bueyera / Bubulcus ibis / Garza boieira |
101 |
Garceta / Egretta garzetta / Garzota | 29 |
Garza real / Ardea cinerea / Garza real | 40 |
Espátula / Platalea leucorodia / Cullereiro | 32 |
Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora | 2 |
Ostrero / Haematopus ostralegus / Lampareiro ou gabita | 8 |
Chorlito gris / Pluvialis squatarola / Píllara cincenta | 6 |
Correlimos común / Calidris alpina / Pilro común | 155 |
Zarapito real / Numenius arquata / Mazarico real | 50 |
Archibebe común / Tringa totanus / Bilurico común | 8 |
Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerde | 19 |
Andarríos chico / Actitis hypoleucos / Bilurico das rochas | 10 |
Aguja colinegra / Limosa limosa / Mazarico rabinegro | 9 |
Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus / Gaivota chorona | x |
Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota escura | x |
Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela | 145 |
Gavión atlántico / Larus marinus / Gaivotón | 5 |
Martín
pescador / Alcedo atthis / Picapeixe |
1 |
Por deixar algún comentario máis a parte dos números, dicir que a cousa está parecida a como estaba quince días atrás (ver entrada). Segue o ganso bicocurto. Nesta foto podédelo ver no tesón coas gaivotas, en baixamar pola mañá. Mentres que pola tarde estaba mesturado coas anátidas na zona do Puntal, xa coa preamar.
Falando de anátidas, as cifras son moi parecidas ás da última visita, como podedes comprobar. Tamén as das limícolas, aínda que éstas lixeiramente superiores en varias especies. Os cullereiros sen embargo baixaron algo con respecto a aquela data. E a especie que máis incremetou foi a garza boieira, xa que había varios grupos delas descansando sobre embarcacións.
Moitas garzotas tamén optaron por facer o mesmo que as boieiras. Mentres que outras preferiron o dique da mariña seca de Ribadeo, xunto a gaivotas e gaivotóns.
Isto é todo por hoxe. Saúdos e ata a próxima.
Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
Boas Enrique, ¿cómo vai todo? Fermosas as fotos da ría na entrada anterior.
ResponderEliminarVolveu o mazarico mouro as Figueiras, este ano trouxose 3 compañeiros, vinos de pasada no coche (non puiden retratalos). Xa deben levar uns días, pois avistounos máis xente da zona. Se subes paxarear na ponte desta semana ainda pode q estén nas Figueiras.
Unha aperta.
Ola Adrián! Gracias polo aviso. Pois estarei atento cando vaia por alí. Pero se non dou con eles, xa vexo que os tés ti controlados, así me gusta ;)
ResponderEliminarApertas