Páginas del blog Ría de Ribadeo

miércoles, 8 de diciembre de 2021

Fai un mes por Estaca de Bares

Non tivera tempo de reseñalo no blog, pero fai un mes estiven en Estaca de Bares con gran Antonio Sandoval. Foi unha mañá con pouco paso migratorio, comparado con xornadas anteriores nas que se rexistraron cifras impresionantes de diversas especies. Pero igualmente merece a pena ir porque sempre se ve algo, ademáis de poder charlar e aprender con Toñete. 

Nesa mañá o que máis vimos foron mazcatos (Morus bassanus), palleiras grandes (Stercorarius skua), pardelas escuras (puffinus griseus), pichonetas (Puffinus puffinus) e balerares (Puffinus mauretanicus). Ademáis de varios grupos de delfíns.







Saúdos e ata a próxima.

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons

Enrique Sampedro Miranda

Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

 


2 comentarios:

  1. ¡Re-boas! Onde dixen 4, digo 24. A familia crece :)
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Ola Adrián. Antes de nada, perdoa por tardar tanto en responder. Pasáraseme desapercibido o teu comentario nesta entrada.
    E tanto que medra a familia! Estiven por aí fai pouco, e puiden velos. Lembreime dos teus comentarios, como non... Atento á próxima publicación, porque verás que aínda vin mais deses 24 ;)
    Apertas

    ResponderEliminar