De novo por Ribadeo, a miña primeira visita destes días foi a charca de Rinlo. Polas datas nas que estamos, xa metidos na época de paso posnupcial para moitas especies, esperaba atoparme cousas interesantes por este sorprendente humidal, xa toda unha referencia para ornitólogos e "rarólogos" galegos e asturianos. E a cousa non defraudou, xa que nada máis chegar puiden ver que había varios visitantes do máis interesante.
 |
| Gaivotas e lavancos |
Entre gaivotas patiamarelas (Larus michahellis), lavancos (Anas platyrhynchos) e culleretes (Anas clypeata), destacaba a presenza dunha cerceta do estío ou cerceta albela (Anas querquedula), cerceta carretona en castelán.
Tamén chamaba a atención unha patuda (Himantopus himantopus), así coma dous biluricos patirrubios (Tringa totanus) e un pilro común (Calidris alpina).
 |
| Patuda |
 |
| Bilurico patirrubio |
 |
| Pirlo común |
 |
| Gaivota patiamarela |
Despois de repasar o que había na charca, achegueime ata o Penedo do Corvo, onde descansaba este nutrido grupo de corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis), entre os que había varios anelados.
Xa cando marchaba para outro lado, avisoume Pablo Miki García de que estaba a observar na zona, "a huevo", un exemplar de folosa manchada (Locustella naevia), buscarla pintoja en castelán. Precisamente fai pouco Xabier Prieto comentárame que nesta zona nosa había citas recentes, así que non sería difícil vela. Pois aquí está Xabi. Gracias a Pablo, temos a confirmación. Ademáis comentoume doutro lugar tamén pola zona na que a observou. Esta estaba en pleno postureo nupcial, así que a súa cría aquí podemos tamén confirmala.
Para rematar, unha observación menos glamurosa, pero non menos fermosa, como é esta lavandeira marela (Motacilla flava).
Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com