Páginas del blog Ría de Ribadeo

domingo, 30 de septiembre de 2012

Aguia pescadora, garzas, limícolas...



A cousa estaba tranquila onte pola ría. Coma observacións máis interesantes, a aguia pescadora (pandion haliaetus) invernante pola súa zona habitual, no Muro de Lamas.

Aguia pescadora (pandion haliaetus)







Outra pequena rapaz andaba polos dominios da pescadora, pousada nunha estaca e sen perder detalle do que por alí se movía. Era este falcón peregrín (falco peregrinus).

Falcón peregrín (falco peregrinus)




Tamén coma é habitual, unha enorme cantidade de garzas reais (ardea cinerea), garzotas (egretta garzetta) e corvos mariños (phalacrocorax carbo). Destacaba tamén a presenza de 3 cullereiros (platalea leucorodia), un deles anelado.

Corvos mariños (phalacrocorax carbo)





Garza real (ardea cinerea)



En canto a limícolas, pouca cousa. Apenas uns cantos biluricos pativerdes (tringa nebularia) xunto con algún bilurico común (tringa totanus), mazaricos (numenius spp.) e varios biluricos das rochas (actitis hypoleucos) nas beiras da canle de desembocadura do Eo, no porto da Veiga.


Bilurico das rochas (actitis hypoleucos)




Aquí vai a lista de especies que indentifiquei onte na ría (castellano / científico / galego):

ánade real / anas platyrhynchos / lavanco
cormorán / phalacrocorax carbo / corvo mariño
garceta / egretta garzetta / garzota
garza real / ardea cinerea / garza real
espátula / platalea leucorodia / cullereiro
busardo ratonero / buteo buteo / miñato
águila pescadora / pandion haliaetus / aguia pescadora
halcón peregrino / falco peregrinus / falcón peregrino
zarapito / numenius spp. / mazarico
archibebe común / tringa totanus / bilurico patirrubio - bilurico común
archibebe claro / tringa nebularia / bilurico pativerde - bilurico claro
andarríos chico / actitis hypoleucos / bilurico das rochas
gaviota reidora / larus ridibundus / gaivota chorona
gaviota sombría / larus fuscus / gaivota escura
gaviota patiamarilla / larus michahellis / gaivota patiamarela
gavión atlántico / larus marinus / gaviotón

Ría de Ribadeo


Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com

4 comentarios:

  1. Estupenda entrada de los valores de esta ría. Un saludo, Gonzalo Criado.

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias Gonzalo. Y me alegra ver que el idioma no te ha supuesto un inconveniente. Intento siempre ir alternando.
    Un saludo.

    ResponderEliminar
  3. Viendo estas fotos me entra "morriña" de zonas húmedas.
    Será el efecto de fin de verano seco.
    Saludos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pues nada Jesús, en una de estas te subes conmigo a Ribadeo y te enseňo la zona.
      Un saludo.

      Eliminar